mércores, 20 de decembro de 2017

Estefanía Padullés con Infantil e Primaria.

Estefanía Padullés seguiu hoxe con nos. Estivo presentándolle o seu conto ilustrado 
A Canción do Sol aos nenos de Infantil e Primaria e estiveron facéndolle moitísimas preguntas sobre o traballo de escritor e ilustrador.









Despois estivo a facer un taller de debuxo e pintura con 3º de Primaria coa profe de plástica Ana Quintela.








Moitas grazas a Estefanía,
 deixonos a todos inspirados!
Recordade que temos os seus libros na Biblioteca a partir do xoves 21. Non os perdades!!

martes, 19 de decembro de 2017

Estefanía Padullés con ESO.

Esta semana temos a Estefanía Padullés de visita no centro. É unha escritora e ilustradora catalana afincada no conocello de Paradela.
Hoxe estivo cos alumnos de ESO explicándolles como se fai un libro e en que consiste todo o proceso creativo e de edición.





Despois estivo a ensinarnos como debuxa ela e animounos a nos a debuxar tamén.












E finalmente entregou os premios do 
Concurso de Relatos de Medo.



mércores, 13 de decembro de 2017

Os papeis do dobre fondo do baúl dos tesouros.

Parece broma, pero é verdade. Parece como se fose unha película, pero pasou en realidade...
No fondo do baúl dos tesouros, 
había un doble fondo...


E nese doble fondo había isto
Un paquete misterioso cheo de historias que nos chamaron moito a atención.
Pero... recordades os monstruos?
Pois si, eles seguían alí, no hall e no pasillo da biblioteca, a vixiarnos. Entón  os profes non tivemos maneira de poder ler o que aqueles papeles poñían e tivemos que pedir axuda aos alumnos de Primaria e de ESO. Así que eles léronos nas clases entre eles




 E contáronos que que eran unhas historias de medo, que nos avisaban dos terrores que nos podían ocurrir na época do Samaín que escribirán uns nenos. E aínda siguen coa investigación a ver en que vai dar todo isto...

O esgrafiado


O venres 1 de decembro tivemos tamén unha interesantísima charla proposta polo Consorcio Turístico da Ribeira Sacra no que lles explicaron aos alumnos o que é a técnica do esgrafiado, que consiste en facer formas decorativas nas fachadas das casas antigas, e que é caraterístico da Ribeira Sacra.




Por aquí o enlace á páxina dos rapaces que nos viñeron facer a charla: Velaísca.

Contamos con 1º de ESO.

Este venres 1 de decembro tivemos unha actividade moi bonita na Biblioteca proposta pola profe Carmen de 3º de Primaria.
Chamámoslle
CONTAMOS CON 1º DE ESO
Como imaxinades, foi  un contacontos que fixeron dúas alumnas de 1º de ESO, Mercedes e Miriam. Elas escolleron unha divertida historia e contáronllela aos alumnos de Primaria que estaban todos moi atentos. E elas fixérono realmente ben, seguro que repetimos!







xoves, 23 de novembro de 2017

Como lemos!

Estes días andamos algo máis relaxados pero aínda así....
Os de Primaria andan a investigar uns papeles que apareceron do doble fondo do cofre do Tesouro. Son uns papeis que nos, os maiores, non podemos ver porque os monstruos nos están a vixiar continuamente no hall do cole e no pasillo da Biblio. Así que lles toca aos nenos de Primaria lelos para saber que é o que hai ahí...


Mentres, os da ESO están completamente á marxe do asunto, lendo tranquilísimamente nas clases durante a hora semanal de lectura. Como disfrutan!