venres, 4 de maio de 2018

Os TAC: Transtornos da Conducta Alimentaria

Hoxe tivemos unha charla sobre os Transtornos da Conducta Alimentaria levada a cabo pola Asociación Cior de Monforte,  
unha agrupación que integra un equipo multidisciplinar de 5 personas que conta con traballadores sociais, psicólogos e psicopedagogos para rodear os problemas dende todos os ámbitos. 
Previamente tivemos unha urna no pasillo da Biblioteca para que os alumnos e alumnas foran depositando dúbidas ou consultas de forma anónima para que lles foran resoltas durante a charla.
O día da actividade viñeron ao cole un equipo de 5 persoas que nos falou sobre todo da importancia da Intelixencia Emocional e da Autoestima para atallar esas problemáticas.
Tamén recalcaron a importancia da
Velaquí as fotos:










mércores, 2 de maio de 2018

Semana das Humanidades

Rematamos hoxe a Semana das Humanidades!
Arrancamos co Día do Libro o luns 23 coas actividades que xa vistes. E si non as vistes picade aquí.
O martes tivemos o honor de contar coa presenza de Xabier Quiroga, veciño do noso Concello, que lles falou aos nosos alumnos dos seus libros e do que é o proceso creativo do escritura.


E o venres, para pechar a semana contamos coa presenza de Aitor Freán Campo, un arqueólogo e antropólogo de Sarria que está especializado na civilización dos Ibios, antiguos pobladores anteriores aos celtas que estaban asentados na zona de Sober. Aprendemos un montón de cousas!




xoves, 26 de abril de 2018

Revista ENTRE ESTUDIANTES

Temos nova publicación á disposición dos nosos alumnos de ESO, cortesía do Departamento de Orientación. 
É unha revista dirixida sobre todo aos alumnos dos cursos de 3º e 4º  que trata todo o relativo aos estudios posteriores á ESO: ciclos, carreiras, saídas, universidades e moitas máis cousas relativas aos estudios.
Os encargados de presentala nas aulas de 3º e 4º de ESO foron os nosos alumnos voluntarios da Biblioteca Kevin e Marta Lorenzo de 3º de ESO.




mércores, 25 de abril de 2018

23 de Abril, Día do Libro

Estas son as nosas actividades polo día do Libro.
Primeiro xuntámonos todos para ver un video no que participaron todos os nenos do cole.

Picando aquí abaixo teredes o

Despois levamos a cabo a actividade OS PADRIÑOS LECTORES, durante a cal todos os alumnos de ESO distribuídos por parellas leron contos da biblioteca aos nenos de Infantil e Primaria divididos en grupiños.
Foi moi bonito! Perfecto para honrar os libros neste día tan importante.


















mércores, 11 de abril de 2018

Concurso da Biblioteca Municipal de O Saviñao

Aquí tedes o enlace para o CERTAMNE DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2018 convocado pola
Biblioteca Municipal de O Saviñao.
Poderedes ver as bases e descargar o impreso de participación. Tamén temos copias na conserxería do cole.
O plazo remata o día 8 de Maio.
Animádevos a participar!

BASES POR AQUÍ

xoves, 22 de marzo de 2018

"Heure de lecture en Français" e visita de 3º ESO

Na nosa hora de lectura de hoxe estivemos a ler uns contos clásicos da literatura universal, pero en francés! C'est pas si facile que ça...😅









E de repente tivemos unha visita!
Eran os alumnos voluntarios da Biblioteca que nos viñeron presentar as novidades e suxerencias de lectura para estas vacacións de Semana Santa. Hai que aproveitar agora que non vai haber exames...





xoves, 15 de marzo de 2018

Os traballos da Semana da Prensa

Como ben sabedes, esta semana pasada, do 5 ao 9 de Marzo, estivemos a traballar con motivo da celebración da Semana da Prensa.
Aquí tedes unha mostra dos traballos que se fixeron de forma colaborativa, posto que os alumnos de Primaria escribiron os contos e os alumnos de Infantil e ESO ilustráronos despois de escoitalos nas clases.
Foi moi bonito e este é o resultado que poderedes ver exposto na entrada do cole, camiño da Biblio.

O Equipo de Normalización Lingüística e o da Biblioteca dámosvos as grazas a TODOS polo voso traballo e implicación nesta actividade.