xoves, 22 de marzo de 2018

"Heure de lecture en Français" e visita de 3º ESO

Na nosa hora de lectura de hoxe estivemos a ler uns contos clásicos da literatura universal, pero en francés! C'est pas si facile que ça...😅









E de repente tivemos unha visita!
Eran os alumnos voluntarios da Biblioteca que nos viñeron presentar as novidades e suxerencias de lectura para estas vacacións de Semana Santa. Hai que aproveitar agora que non vai haber exames...





xoves, 15 de marzo de 2018

Os traballos da Semana da Prensa

Como ben sabedes, esta semana pasada, do 5 ao 9 de Marzo, estivemos a traballar con motivo da celebración da Semana da Prensa.
Aquí tedes unha mostra dos traballos que se fixeron de forma colaborativa, posto que os alumnos de Primaria escribiron os contos e os alumnos de Infantil e ESO ilustráronos despois de escoitalos nas clases.
Foi moi bonito e este é o resultado que poderedes ver exposto na entrada do cole, camiño da Biblio.

O Equipo de Normalización Lingüística e o da Biblioteca dámosvos as grazas a TODOS polo voso traballo e implicación nesta actividade.




















xoves, 8 de marzo de 2018

O día da Muller.

Hoxe é o día da Muller e non perdemos a oportunidade de recordarlles aos nenos e compañeiros do cole a importancia de valorar a nosa aportación á sociedade en Igualdade.



Dende a Biblioteca propuxemos para as e os profes que botaran un ollo a este maravilloso libro que fala das grandes mentiras do feito de ser muller.


E dende o Departamento de Normalización fixeron estes dous fermosos murais:



mércores, 7 de marzo de 2018

Semana da Prensa

Esta semana, do día 5 ao día 9 de Marzo celebramos no cole a Semana da Prensa cunha actividade de convivencia organizada polo Equipo de Normalización e pola Biblioteca na que participan todos os nenos do cole.
Desta volta os nenos de Primaria escribiron uns contos feitos a partir de novas relacionadas coa auga, o noso tema deste curso, e despois foros lelos as clases de Infantil e de ESO.
Estes son os alumnos de 4º e 5º de Primaria lendo en 1º, 3º e 4º da ESO.
Verdadeiros xornalistas profesionais!

















E ademais teremos todos os días da semana un xornal en cada clase de Primaria e Infantil, e en ESO as profes de Linguas traballarán con xornais toda a semana.

En breve poñeremos as fotos das lecturas cos nenos de Infatil.