martes, 15 de maio de 2018

As Letras Galegas

Nesta semana andamos todo o cole atarefados traballando coa obra de Mª Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, o 17 de Maio. 
Mentres tanto, no hall do cole puxemos esta exposición de libros de Mª Victoria para que os nosos alumnos os poidan ver ou levar para a casa. 


Os nosos alumnos voluntarios da Biblioteca pegaron polas escaleiras de Primaria e ESO os carteles que nos enviaron da Consellería de Educación para coñecer todos os detalles da súa vida e da súa obra.




Ningún comentario:

Publicar un comentario