xoves, 25 de marzo de 2021

O xornal dixital da Semana da Prensa

Na Semana da Prensa estivemos a traballar a redacción de artigos para un xornal do cole: O SAVIXORNAL.
Fixemos dous formatos: un en papel (infantil e Primaria) e o outro en dixital (ESO)

Aquí tedes o xornal dixital que creamos coas aportacións dos alumnos de ESO.

Pica na portada para poder ver a publicación:


En breve poderemos mostrarvos a versión en papel que fixeron os alumnos de Infantil e Primaria.





martes, 16 de marzo de 2021

Gañadores da fase provincial do Concurso da ONCE!

 Os nosos alumnos de 4º de Primaria resultaron gañadores do Concurso Escolar da ONCE CONEXION ADICCIOFF na fase provincial na Categoría A!!

Este concurso consistía en grabar unha cuña de Radio que valera para loitar contra a adicción ás novas tecnoloxías.

Podedes escoitar a grabación de 4º de Primaria e as outras gañadoras de todas as provincias se accededes á páxina web do concurso.Picade sobre a imaxe para ser redirixidos á páxina da ONCE.



luns, 15 de marzo de 2021

mércores, 10 de marzo de 2021

Entrevista aos alumnos de 4º de ESO en Onda Cero Monforte de Lemos.

 Aquí tedes a entrevista que lles fixeron aos alumnos de 4º de ESO sobre a construcción do Satélite e a prticipación no concurso da Axencia Espacial Europea. Foi feita pola xornalista Manola Porto dentro do seu programa Más de Uno.

Os alumnos de 4º e o profesor responsable do proxecto interveñen a partir do minuto 61.

martes, 9 de marzo de 2021

Semana da Prensa: o noso Programa de Radio con Ponte nas Ondas.

Aquí tedes o programa de radio que grabaron os nosos alumnos de 5º de Primaria, 2º, 3º e 4º de ESO cando foxeron o seu Obradoiro de iniciación á Radio co colectivo Ponte nas Ondas, chamado Escolas nas ondas.
Poderedes escoitalo directamente no navegador ou descargar a aplicación IVOOX para escoitalo directamente nela.

Semana da Prensa e Robótica.

 Estamos na Semana da Prensa e seguimos cos Obradoiros de Iniciación á Robótica.

Este luns pasado, no recreo de Primaria, os alumnos de 3º estiveron a xogar cunha plantilla e con diversos formatos de prensa. Tiñan que escoller un medio (un xornal, revista ou emisora de radio) e tentar chegar a ela co Escornabot avanzando as casillas que lles indicaba un dado. Se ían a un xornal ou revista tiñan que ler o tilular dun artigo e se ían a unha radio tiñan que poñer unha canción ou buscar esa emisora na radio.

Foi moi divertido e todo un reto conseguir chegar ao medio que querían!

Todo este material estará disponible para quen queira utilizalo ( Infantil, Primaria ou ESO) durante un recreo ou durante unha sesión guiada polo profesor. Animádevos todos!















luns, 8 de marzo de 2021

Semana da Prensa, enlaces permanentes.

 Para celebrar a Semana da Prensa inauguramos nova sección no lateral esquerdo deste noso blog: enlaces aos Xornais nacionais e internacionais mais relevantes.