xoves, 24 de outubro de 2019

Día da Biblioteca.

Hoxe é 24 de Outubro,
 o Día das Bibliotecas.
Aquí estamos a facer moitas cousiñas, a primeira delas é un contacontos para E.Infantil  feito por dous alumnos compañeiros deles de 6º de Infantil: Joel e Ismael. 
Se picas no enlace serás redirixido ao blog de Infantil no que poderás ver máis imaxes e videos da actividade:
Ademais tivemos un concurso de escritura e debuxo rápidos do que pronto veredes os resultados.

Inauguramos os Clubs de Lectura cunha reunión conxunta na que repartimos os libros de cada grupo cos seus marcapáxinas personalizados.



E tamén convocamos o Club de Lectura para profes.

Agasallamos a alumnos e profes cun marcapáxinas conmemorativo do Día das Bibliotecas co lema deste curso: 
TODOS SOMOS PEZAS DO MESMO PUZLE,
 que fai alusión ao tema do curso: a Igualdade.



No pasillo da biblio tivemos unha exposición de libros antigos:



Presentamos o iPad aos profesores na sala de profes:
E fixémoslles chegar a todas as familias as novidades de
  A BIBLIOTECA DAS FAMILIAS e unha explicación para facer o carnet de usuario e poder levar libros prestados para as súas casas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario