xoves, 14 de novembro de 2024

O San Martiño na Radio con 5º de Primaria

 Velaquí tedes o programa de radio que fixeron os alumnos de 5º de Primaria coa axuda da profe Elvira. Nel fálannos do San Martiño.

Podedes escoitalo aquí:

https://drive.google.com/file/d/1Y7B3ns2D0h0Lx7ESZHK1270eaFqdBjYh/view?usp=sharing

en Radio ECO FM Ribeira Sacra este venres a partir das 15:30

e en IVOOX:

venres, 8 de novembro de 2024

Charlas de 6º de Primaria.

 Velaquí tedes o podcast que as alumnas de 6º de primaria grabaron estas semanas coa profe Amina.

Podedes picar no enlace:

https://drive.google.com/file/d/12tIDF0ojkgfkCiPxZqnWjouVfMqZpNwo/view?usp=sharing

 Este sábado en RADIOECO FM Riberia Sacra a partir das 15:30

En en iVoox tamén podedes reproducilo.

martes, 5 de novembro de 2024

Club de Lectura.

 Xa temos todos os grupos do Club de Lectura a pleno rendemento. Todos os grupos teñen xa os seus primeiros libros. Mesmo algún grupo xa fixo lecturas.

Os profes, coordinados pola profe de Lingua Castelá, Marta Fernández, xa estamos lendo Anoxia e neste mes teremos a primeira reunión.


En ESO temos dous grupos de lectores que xa recibiron os sus libros hai uns días de man da coordinadora, a profe de Lingua galega, Patricia Varela.

E este ano teremos como novidade dous grupos de lectores en 5º e 6º de Primaria, coordinados pola profe de Relixión, Marisa Fernández. Eles xa leron A ladroa de bágoas






xoves, 31 de outubro de 2024

Contacontos de medo por Samaín (EDLG)



 Este mércores 30 de outubro celebrouse na biblio unha sesión de contacontos moi especial posto que foron os alumnos de ESO os que actuaron para os de Primaria. E despois dos contos tiveron un pequeno concurso sobre Mitoloxía Galega. Todo isto organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

Unha xornada terrorífica!








Contacontos na biblio

 Esta semana tivemos tamén un contacontos na biblio, Sabela Gago veu por cortesía da editorial VicenVives. Os alumnos disfrutaron enormemente.



martes, 29 de outubro de 2024

Collendo ritmo para Samaín.

 Este luns tivemos unha visita moi especial no cole: 

a Santa Compaña!

Varios alumnos de 3º de ESO, organizados pola profe de Lingua Galega  e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fixeron unha visita teatralizada ás aulas de Primaria para explicarlles que é a Santa Compaña e falarlles un pouco desta tradición galega. 

Seguimos ampliando a decoración da biblio coas manualidades feitas nos talleres propostos e organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua galega, celebrados in situ.

 


Ademais diso, os alumnos de Oratoria de 3º de ESO fixeron un programa de Radio para contarnos as actividades programadas para Samaín para esta semana. Podedes escoitar o programa picando no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1HVa--zHoKusctROVupMGTri4GYrYMnF-/view?usp=sharing

Tamén o poderedes escoitar este sábado en RADIO ECO FM, a partir das 15:30, coma sempre.

Recordade que en iVOOX, na nosa conta podedes escoitar este e todos os outros programas deste curso e dos anteriores:

Reto de Lectura, Novembro

 Novembro achégase e os profes que participamos no Reto Lector andamos xa a procura dun libro que cumpla co reto dese mes. Tócanos un autor cuxo nome ou apelido empece por B:


 Nos andeis da biblio poderedes atopar moitos libros que se adapten ao reto, tanto en castelán como en galego.






luns, 28 de outubro de 2024

Malencolía, un filme para Samaín.

Aquí tedes o enlace para poder ver o filme proposto para a tarde do mércores 30 de outubro, Samaín.

Trátase de MALENCOLIA, un filme galego do ano 2021.

Prime Video: Malencolía

Pódese ver picando no seguinte enlace

https://www.agalega.gal/videos/106428-malencolia 

 

Samaín xa está aquí!

Velaquí como quedou a Biblioteca grazas á colaboración de varios grupos de ESO, que foron os encargados de facer as decoracións que pòdedes ver a continuación. 

Na porta temos un maravilloso photocall feito pola profe e os alumnos de 5º de Primaria.

venres, 25 de outubro de 2024

24 de Outubro, Día da Biblioteca

 Este xoves 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. Na nosa bilbio ofrecemos un agasallo por cada libro prestado. Tamén aproveitamos para facer un pouco de formación de usuraios posto que explicamos aos alumnos de Primaria donde atopar os librros da súa idade e como mantelos colocados.