venres, 28 de abril de 2023

Crit Cut na zona de Biblioteca Creativa

Na zona de Biblioteca Creativa xa puxemos en funcionamento a troqueladora Crit Cut. De seguro que faremos uns proxectos marabillosas. En breve faremos unha formación para que tidos os profes aprendamos a usala.

mércores, 26 de abril de 2023

Reunión do Club de Lectura

 Hoxe tivemos reunión do Club de Lectura.

Xuntámonos para falar do libro Flores de Ferro, de María Rei Vilas, unha apaixoante historia a cabalo entre os anos oitenta e a postguerra.

Agora temos por diante a lectura de Todo va a mejorar, de Almudena Grandes.




martes, 25 de abril de 2023

venres, 21 de abril de 2023

Voluntarios contacontos.

 Nesta semana previa ao Día do Libro seguimos facendo actividades. 

A actividade deste xoves foi feita polos alumnos voluntarios da biblio en Infantil. Dividíronse en 3 grupos e foron contar un conto de Eloy Moreno a cada unha das aulas de Infantil. Todo disfrutaron moito da actividade: os grandes co entusiasmo dos pequenos e os pequenos coas adiviñas dos grandes.

Unha actividade para repetir!








xoves, 20 de abril de 2023

Libros para Familias.

 Nesta semana previa ao 23 de Abril estamos a facer actividades relacionadas co Día do Libro. Entre elas estamos reactivando a Biblioteca das Familias, un espazo que contén lecturas relacionadas coa saúde, coa crianza e coa psicoloxía dos nenos e adolescentes. 


 
A Bilioteca das familias leva xa varios cursos funcionando e despois do parón polo COVID queremos reactivala e intentar achegar a todas as familias libros e materiais que lles podan acompañar e ser útiles no proceso de educación dos seus fillos. Abarcamos moitas temáticas diferentes que podedes consultar no listado que aparece picando neste enlace. Dito listado está como enlace permanente, aquí no blog da biblioteca, no lateral dereito. Ademais contamos cun expositor que se atopa na entrada do centro no que poderedes ver unha mostra dos libros que ofertamos.


Se algunha familia está interesada en tomar prestado algún destes materiais debe poñerse en contacto coa coordinadora da Biblioteca Escolar para que lle sexa feito o carnet de usuario. Se xa es usuarios da biblioteca escolar so hai que mandar unha nota polo fillo ou pedir o libro directamente no colexio á coordinadora.


mércores, 19 de abril de 2023

Charlas Plan Director na biblio.

 Hoxe tivemos charlas para Primaria e ESO organizadas polo Departamento de Orientación do cole. Faláronnos de Acoso EScolar e de Violencia de Xénero.



Grazas a varios alumnos voluntarios de 4º de ESO que elaboraron o cartel que anuncia a charla na pizarra da biblio.



Semana do libro 2023

 Esta semana previa ao día do libro estamos a facer varias cousas, entre elas, en ESO, estamos a continuar os mellores 35 inicos de libros da literatura universal. Con todos os textos creados faremos un libro que poñeremos a disposición de todos vos na biblioteca.

 





xoves, 13 de abril de 2023

Filmes para a Semana do Libro

 Velaquí a proposta de filmes baseados en coñecidas obras lilterarias para a semana do libro que facemos dende a Biblitoteca. Están albergadas en Platino Educa. Podedes picar en cada enlace de cada curso (por debaixo do cartel da película) e meter o contrasinal que se vos proporcionará no seu momento. 

1º ESO

1989, 89 minutos














https://www.platinoeduca.com/PEN_Ficha.aspx?Id=2449




2º ESO

1999, 99 M














https://www.platinoeduca.com/PEN_Ficha.aspx?Id=407



3º ESO

Tsunamis, terremotos e inundacións dende o punto de vista da inxeñería.

 De volta de Semana Santa empezamos o trimestre cunha interesantísima charla sobre catástrofes no cine dende o punto de vista da Física. Esta charla deuna Manuel Herrador, profesor de Enxeñería da Universidade da Coruña.

Os alumnos de 1º e 2º de ESO disfrutaron enormemente desta actividade organizada pola coordinadora da Biblioteca Escolar, Estrella López, dentro da programación para este curso sobre a temática do cine.