luns, 21 de decembro de 2020

Recomendacións de Lectura de Lemos Le.

 Aquí podedes ver as Reconendacións de Lectura para Nadal feitas en colaboración Colectivo Lemos Le. Hai libros para todas as idades e para todos os gustos. Poderedes atopar algúns deles na nosa biblio ou na Biblio Municipal😊




venres, 27 de novembro de 2020

Calendario Colectivo Estiño en cociña.

 Como todos os cursos, colaboramos co calendario Solidario do Colectivo Estiño deseñando unha das partes. Este ano tocounos facer debuxos sobre o Merlo Rieiro, dentro do tema deste curso, que é o Río.

Mentres o calendario non sae á venda, aquí tedes un pequeno adianto: algúns dos nosso alumnos creando a súa peza e unha composición que fixemos con todos os deseños que se fixeron aquí, no noso 











mércores, 11 de novembro de 2020

Mes da Ciencia en Galego para profes!

Profes:  Novembro é o mes da Ciencia en Galego.

Aquí vos presentamos unha selección de contidos interesantes:

BLOGS DE CIENCIAS. Pica aquí

PÁXINAS WEB, BOLETÍNS. REVISTAS... Pica aquí

LIBROS E UNIDADES DIDÁCTICAS DESCARGABLES. Pica aquí.

ASOCIACIÓNS DE ENSINANTES E MUSEOS CIENTÍFICOS. Pica aquí

Soldadoras...

 Onte tivemos a sesión de formación de Biblioteca Creativa a cargo da profe coordinadora, Ana de Infantil. Durante esta sesión aprendemos a montar os Escornabots e estivemos a falar das diferentes aplicacións que lle podemos dar co alumndado.

Foi unha sesión tan amena que case nos esqueciamos de manter a distancia de seguridade e tra-la cal mesmo recibimos un diploma de formación non oficial do que nos sentimos moi orgullosas.















venres, 30 de outubro de 2020

Samaín

 Este venres finalizou a votación pola mellor Cabaza de Samaín, concurso convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa Biblio. Tivemos moita participación e unha emocionante votación en Instagram.

Estas son as cabazas seleccionadas de cada clase:

















Entre elas estan os gañadores! 



Pero ata  luns non entregaremos os premios.

 E ademais tivemos suxestións de Lectura para ESO e Primaria no recreo:




venres, 23 de outubro de 2020

Semana da Biblioteca 20: Marcapáxinas de Lemos Le.

 Mañá é o Día Das Bibliotecas e apesares da situación que estamos a vivir,non queremos deixar pasar por alto a celebración. Como vistes nas entradas anteriores, fixemos unha manchea de pequenas cousas.

Hoxe, como colofón epa esta semana quixemos repartir a cada alumno e profe do cole un marcapáxinas elaborado polo colectivo Lemos Le, co cal colaboramos dende hai xa anos.





luns, 19 de outubro de 2020

Semana da Biblioteca 2020: Toda unha biblioteca no teu peto!

 Aqui vos deixamos esta recomendación que nos fixo a nosa ex-compañeira Ángela: trátase dunha biblioteca virtual con moitísimas lecturas e video contos. Se picas en cada unha das portadas dos libros poderás lelas online.

 Unha xoia para ter no móbil!

Pica na foto para ir á biblioteca





luns, 12 de outubro de 2020

Empezando outubro!

 Acaba de rematar a 1º semana do mes de outubro, e parece que aínda nos costa coller un pouco o ritmo...

Estas son as cousas que fixemos esta semana:

Empezamos o luns día 5 coas horas de lectura diarias en ESO. Para iso diseñamos un calendario para orientar ao profesorado e aos alumnos. Como sempre, deixamos libres os meses de decembro, marzo e xuño porque andamos moi apurados cos exames.


Como o noso tema é Copñece o Saviñao, fixémonos eco no Instagram dunhas rutas en torno á Praia da Cova que organiza Camina Ribeira Sacra. Son rutas de un día completo, con comida e actividades pola tarde.


Todos os cursos temos unha colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística continuada. Este ano imos ir mais alá e imos facer gran parte de actividades conxuntas, para non solaparnos e non sobrecargar de actividades. A información destas actividades levará o membrete no que figuran os dous Equipos: Dinamización e Biblioteca.

Unha das primeiras actividades que imos realizar neste curso de forma conxunta é un mapa virtual do Saviñao no que aparezan todos os lugares, vilas e aldeas nas que viven os noso alumnos. xa vos iremos contando o traballo que iremos facendo.

Ademais solicitamos a todo o profesorado de ESO, sobre todo a aqueles que impartes as asginaturas de ciencias, que nos fagan un listado de lecturas recomendadas para as súas materias para poder instalar unha sección na biblioteca.

E tamén andamos organizando os grupos do CLub de Lectura.

E como colofón a esta semana. o venres tivemos un Obradoiro de Creacontos nos que os alumnos de 1º de Primaria estiveron a experimentar como facer a súa propia historia. Esta actividade veu de novo organizada pola Biblioteca Pública Municipal.