xoves, 23 de marzo de 2023

Fiebre dos puzles!

 Os nosos alumnos caeron na fiebre dos puzles! Xa compleraron o do Rey León!


Mesmo os de 2º de ESO están a facer o do Mont Saint Michel que lles levou a profe de franés, Estrella López.

Novo episodio de RADIO XUNTOS! La felicidad.


 Acabamos de rematar e enviar para RADIO ECO FM Riberia Sacra o novo capítulo grabado na Radio Escolar cos alumnos de 4 de ESO. Desta vez estiveron disertando sobre a felicidade coa profe de Educación Física Laura Belón. Xa sabedes que podedes escoitalo na aplicación de Ivoox. Enlace aquí

https://go.ivoox.com/rf/105077437

 ou directamente na radio ECO FM Ribeira Sacra este sábado a partir das 15:30.



mércores, 15 de marzo de 2023

Monográfico do Día da Muller na Radio Xuntos!

 Xa temos o programa de radio de 1º de ESO en liña. Sairá este sábado á hora habitual en RADIO ECO FM RIBEIRA SACRA. Tamén poderedes escaoittalo en IVOOX, recordade que tedes que ter a aplicación descargada.

            


Ademais estrenamos tabolerio para ir informando dos programas grabados e da data de emisión.



venres, 10 de marzo de 2023

Día da Muller, 8M

 Nesta data tan sinalada dende a biblio fixemos varias cousiñas.

En colaoracion co EDLG elaboramos un mural das directoras de cine mais importantes da historia e tamén mais descoñecidas.

Na Radio grabamos o programa monográfico sobre o 8M con 1º de ESO. O guión foi elaborado coa súa titora, Alexandra. Neste programa entrevistamos a Pili, a nosa encargada da limpeza porque se xubila esta semana despois de 30 anos traballando no cole. Tamén grabamos un poema e un texto de Rosalía de Castro que está considerado o primeiro manifesto feinista escrito en castelán.


Fixemos suxerencias de cine feminista para profe e adultos e colgámolos na porta da Sala de Profesores.

Polas aulas de ESO colgamos unha infografía que trataba mitos do feminismo dende un punto de vista cómico:



E tamén fixemos xogos sobre a desinformación en inglés e francés en 3º e 4º de ESO.

Ademais, co gallo da semana da Prensa, en Primaria en ESO estivo circulndo un revisteiro con exemplares de revistas de diferentes temáticas. Os encargados de movelo foron oa alumnos voluntarios da Biblioteca Escolar de 3º de ESO. O venres pasou á Sala de Profesores.







martes, 7 de marzo de 2023

Novo episodio da Radio Escolar, Radio Xuntos.

 Xa podedes escoitar en iVoox ou en RAdio ECO FM Ribeira Sacra este sábados as 15:30 o episodio de Radio Xuntos grabado polos alumnos de 2º de ESO sobre a Radio.


Podedes escoitalo aquí:


Semana da prensa

 Durante esta semana da Prensa temos viaxando polas aulas un revisteiro con varios exemplares de publicacións de temáticas variadas: cine, música, deportes, motor, generalistas, etc

Grazas aos voluntarios e 3º de ESO este revisteiro visitará as aulas de ESO durante as horas de lectura e as de Primaria despois do seu recreo.



Semana da prensa: Xogos contra a Desinformación.

 Durante a Semana da Prensa suxerimos aos titores e profes de lenguas esranxeiras de ESO que utilicen unha serie de xogos para aprender a protexerse contra a grande plaga da actualidade: a desinformación.

Este listado de xogos foi proposto polo Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado, o INTEF no documento Como protegerme de la desinformación.

En 1º lugar temos o xogo GO VIRAL, que trata sobretodo do traxecto que recorre nas nosas redes sociais os bulos e aprender a identificalos. Pódese xogar en español. 

Pica na icona para ser dirixido ao xogo.



BAD NEWS pon aos xogadores no papel de productores de desinformación e de noticias falsas para os seguidores de Twitter. Similar ao anterior pero en inglés para un nivel elevado (3º, 4º de ESO) 

Pica na icona para ser dirixido ao xogo.



Harmony Square pódese xogar en diferentes idiomas: inglés, francés e español. Ambientado nunha comunidade chamada Harmony Square tu serás o Encargado da Desinformación e o teu cometido é alterar a paz e a tranquilidade da comunidade enfrentando aos seus residentes. Interesante!!

Pica na icona para ser dirixido ao xogo.




domingo, 5 de marzo de 2023

luns, 27 de febreiro de 2023

Lectura en Formato Dixital no Club de Lectura.

Este curso modernizámonos un pouco mais e estrenamos lectores dixitais.  O Club de Lectura que coordina a profesora Ana Campo usará estes novos cinco dispositivos Kindle para ler en formato dixital.

venres, 24 de febreiro de 2023

Día de Rosalía na Biblio

 Hoxe venres celebramos na biblioteca o Día de Rosalía cun pouco de retraso.

Os alumnos de 1º de ESO coa profe Estrella fixeron un Kahoot por equipos sobre a ilustre escritora e aprenderon cousas que non sabían.

O equipo gañador obtivo un obsequio composto por un mini-cómic de Miguelanxo Prado, unha piruleta de corazón e un rotulador de pincel. E todos os participantes tiveron a súa piruleta de agasallo pola participación.



Ademais diso tivemos exposto un mural sobre Rosalía feito polos alumnos de Primaria grazas ao EDLG.



Renovamos a Biblio de Aula de 3º ESO

 Hoxe, na hora de lectura estivemos a renovar a biblioteca de aula de 3º da ESO. Estivemos a meter libros de lectura pero tamén de consulta sobre ciencias, música, historia, biografías... a verdade é que son uns lectores voraces.



venres, 17 de febreiro de 2023

Novidades na Biblio para a Ponte do Entroido.

 Temos novidades que podedes aproveitar para levar para a Ponte do Entroido!

As dos alumnos de ESO están expostas no fondo da escaleira da ESO e as dos profes na sala de Profes.

Se vos interesa algunha so tedes que pedilo a calquera membro do Equipo da Biblioteca para que vos fagan o préstamo.

Disfrutade das vacacións!!





Ademais tedes dentro da Biblioteca unha selección de libros de xadrez para o crecente número de aficionados a este xogo, grazas ao profe Gabino que está a ensinar aos alumnos durante os recreos na biblio. Ademais xunto coa profe Laura Belón esta´n a organizar un torneo de xadrez do que teredese noticias en breve.




11 De febrerio: Día Internacional da Nena e da Muller na ciencia

 Este xoves, cun pouco de retraso celebramos o Día internacional da Nena e a Muller na Ciencia. Esta é unha xornada que fomenta a vocación científica entre as nenas e que celebra os éxitos normalemnte menos coñecidos da mulleres no ámbito das ciencias.

Na biblio fixemos confluir varios proxectos nos que estamos metidos para acercar esta celebración aos alumnos de Primaria. Durante un recreo no recuncho da Biblioteca Creativa  e baixo a supervisión da profesora responsable do Procexto, Amina, dispuxemos un taboleiro cunha plantilla de Escornabot para que os nenos traballaran programando os robots para desplazarse sobre eles. 

Todo isto foi explicado e guiado por 3 alumnos voluntarios da Biblioteca Escolar de 2º de ESO, que nese momento estaban na súa hora de titoría cos profe Estrella.

Os alumnos de 2º de ESO comentaron que os nenos de Primaria eran uns máquinas cos escornabot!!



Ademais diso a profe Amina, que recentemente recibiu formación sobre o tema nas Xornadas de Bibliotecas Creativa, dispuxo unha zona nova para facer Lettering para os alumnos. Tivo moito éxito!



martes, 14 de febreiro de 2023

Novas postais do Proxecto PostCrossing

 Hoxe saen novas postais para Rusia, Taiwan, Alemania, China, Slovenia e Xapón. Foron redactadas polos alumnos de 4º da ESO, todas en inglés coa profe Raquel.

Este proxecto está vinculado á biblioteca Escolar e fano funcionar as profesoras de Linguas Estranxeiras: Inglés e Francés (Ana Quintela, Lucía, Raquel e Estrella) dende hai 2 cursos escolares. 

Con esta actividade, ademais de practicar o inglés escrito, os alumnos aprenden un pouco de xeografía.

Compre sinalar que as postais foron deseñadas polos alumnos de Plástica de 1º de ESO no curso escolar 2020-2021 coa profe Estrella dentro do proxecto da Biblioteca Coñece O Saviñao e que o Concello nos agasallou coa súa impresión.



Cartas de San Valentín

Hoxe é o día dos Namorados e, por decreto interno, tamén día do Amor e da Amizade.
 No noso buzón de San Valentín estivemos a recoller as cartas que alumnos, profes e personal non docente quixeron adicar aos seus compañeiros e hoxe fixemos reparto delas coa axuda dos nosos voluntarios da Biblio.👏🏻👏🏻👏🏻




xoves, 9 de febreiro de 2023

Novo reto na Biblio





 Na zona de Biblioteca Creativa temos un novo reto preparado para vos:

Un puzle sobre a película El Rey León.


Ollo! É difícil e está pensado para maiores de 11 anos!

E recordade botar un ollo ás instruccións que hai especificadas no cartel.


Xoves de Compadres.

Pois aquí tedes a sorpresiña que prometemos😎😎
Hoxe é Xoves de Compadres e no hall do cole tivemos as películas e actores nominados aos Óscars  a posterior entrega de premios.
As fotos dos filmes e os actores están pixeladas pola 
Protección de Datos, se queredes velas ao completo poderedes facelo acercándovos ao Hall do cole.




martes, 7 de febreiro de 2023

O Hall do cine

Entrada do cole. Seguimos ambientando o colexio coa temática do cine: así luce o hall do centro tal que si fose o recibidor dun cine👀.

Este traballo de ambientación foi realizado polas profes de Infantil membros do Equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.

Coidado porque poden aparecer sorpresiñas...