martes, 23 de maio de 2017

Leonardo vai a Currelos, pero deixou o traballo feito.

 Leonardo anda moi atarefado estes días organizando a estancia da súa maleta en Currelos, donde vai para que os nenos de alí lle conten cousas sobre o norte do Concello que do sur xa lle contaron moitas aventuras.

Pero antes deixou preparado un encargo que lle fixeron no blog. Pedíronlle unha  recomendación de lectura para unha nena de 6º de Primaria que está un pouco desmotivada coa lectura. Por ahí andivo Leonardo buscando quen lle poidera axudar e aquí tedes o resultado.
Pica sobre cada unha das seguintes fotos:
           





mércores, 10 de maio de 2017

Xuntámonos para ler.

Por fin temos o noso clube de lectura!
O xoves 4 de maio, na hora de lectura semanal, fixemos a primeira reunión para presentar o libro. falamos dos autores, do formato, das espectativas que nos suxería o título e lemos o primeiro capítulo xuntos.
O libro que escollemos é Pulsaciones, como podedes ver nas fotos, a primeira novela de Javier Ruescas, o coñecidísimo autor do Blog El Templo de las Mil Puertas, donde recomenda e fai reseñas de literatura xuvenil.
Podedes acceder a el picando na seguinte foto:

http://www.eltemplodelasmilpuertas.com/


E un millón de agradecementos á Bilioteca do IES Daviña Rei de Monforte de Lemos que nos emprestou varios exemplares para o clube de lectura.
Grazas, compañeiros!




mércores, 3 de maio de 2017

Seguimos de celebración

Aquí gústannos tanto os libros que en lugar do Día do Libro, celebramos a Quincena do Libro.
Empezamos por ver un video para que vexades canto nos gusta ler e que guapos nos poñemos cando temos un libro diante:


Pero aínda temos máis sorpresas...
Mañá inauguramos...
CLUBE DE LECTURA!!!
Xa vos contaremos!