mércores, 14 de xuño de 2023

Formación en Impresión 3D para alumnos de Primaria.

 Hoxe tivemos connosco a Jose Pino, ex-alumno do noso cole e actual profe da Pinguela, dándonos un taller de Impresión 3D. Estaba orientado aos alumnos de 5º e 6º de Primaria, pero algún profe (ou profa, jeje) non se puido resistir a fedellar co Tinkercad e ca impresora. Ademais de ensinarnos as posibilidades da impresión 3D, púxonos a deseñar un chaveiro personalizado. Agora so hai que esperar a que a impresora remate de facelos todos para que cada un poida ter o seu.

Aquí vos quedan unhas imaxes:












xoves, 8 de xuño de 2023

Hervé Tullet visto polos alumnos de Educación Infantil.

 

Aquí tedes aos alumnos de 4º de Infatil coa súa obra literaria: unha versión do libro Un Libro de Hervé Tullet. Uns artistas!




martes, 6 de xuño de 2023

Xornadas dos Clubs de Lectura.

 Onte luns 5 de xuño aistimos ás Xornada dos Clubs de Lectura en Santiago e tivemos a placer de escoitar a Clausura de Olga Novo.



xoves, 1 de xuño de 2023

Manexo da Crit Cut

 O mércores pola tarde tivemos unha sesión de Biblioteca Creativa orientada ao profesorado. Foi impartida pola profe Amina, Coordinadora do Programa Bibliotecas Creativas enmarcado dentro do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares)

Nesta sesión Amina ensinounos a manexar a máquina de corte CritCut que compramos este curso para a sección de Biblioteca Creativa.

 Ademais de aprender o básico para o seu aproveitamento didáctico, aprendemos a facer uns chaveiros personalizados.






Ciberseguridade, Plan director

 Este martes tivemos unha das charlas do Plan director na Garda Civil. O tema desta sesión foi a ciberseguridade.



venres, 26 de maio de 2023

Somos Escritores



A semana que ven poderes ver polas aulas de ESO o resultado da actividade levada a cabo pola Semana do Libro do 2023. Case todos os alumnos de ESO continuaron algún dos mellores inicios de obras literarias universais.
O resultado deu para un libro:


Novidades na Biblioteca Das familias


 Aquí vos deixamos un vídoe con varios librso que incluímos na biblioteca das Familias. Recordade que son librso que se poden levar prestados para as casas sempre que se teña carnet de usuario da biblioteca escolar. Para os interesados, póñanse en contacto coa coordinadora, Estrella López.


mércores, 24 de maio de 2023

iPads xa na biblio!

 A partir de hoxe estarán disponibles os dous iPads na biblio para o uso dos alumnos de Primaria e de ESO.



luns, 22 de maio de 2023

Escornabot polas Letras Galegas

 Esta semana pasada, co gaio das Letras Galegas, os alumnos de Primaria estiveron a facer xogos co Escornabot e co material do Seminario Galán. esta actividade foi organizada pola biblioteca e levada a cabo pola profe Amina.