Este mércores 30 de outubro celebrouse na biblio unha sesión de contacontos moi especial posto que foron os alumnos de ESO os que actuaron para os de Primaria. E despois dos contos tiveron un pequeno concurso sobre Mitoloxía Galega. Todo isto organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Este luns tivemos unha visita moi especial no cole:
a Santa Compaña!
Varios alumnos de 3º de ESO, organizados pola profe de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fixeron unha visita teatralizada ás aulas de Primaria para explicarlles que é a Santa Compaña e falarlles un pouco desta tradición galega.
Seguimos ampliando a decoración da biblio coas manualidades feitas nos talleres propostos e organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua galega, celebrados in situ.
Ademais diso, os alumnos de Oratoria de 3º de ESO fixeron un programa de Radio para contarnos as actividades programadas para Samaín para esta semana. Podedes escoitar o programa picando no seguinte enlace:
Novembro achégase e os profes que participamos no Reto Lector andamos xa a procura dun libro que cumpla co reto dese mes. Tócanos un autor cuxo nome ou apelido empece por B:
Nos andeis da biblio poderedes atopar moitos libros que se adapten ao reto, tanto en castelán como en galego.
Velaquí como quedou a Biblioteca grazas á colaboración de varios grupos de ESO, que foron os encargados de facer as decoracións que pòdedes ver a continuación.
Na porta temos un maravilloso photocall feito pola profe e os alumnos de 5º de Primaria.
Este xoves 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. Na nosa bilbio ofrecemos un agasallo por cada libro prestado. Tamén aproveitamos para facer un pouco de formación de usuraios posto que explicamos aos alumnos de Primaria donde atopar os librros da súa idade e como mantelos colocados.
Velaquí o programa número 2 da nosa RADIO XUNTOS deste curso 2024-2025.
Desta volta tócoulle aos artistazos de Educación Infantil, coa axuda das súas profes, facer o seu programa. Nel cántannos unha canción, fálannos do Samaín, da vendima e do mar. Moi interesante!!
Como sempre, poderedes escoitalo en iVoox (tedes que ter a aplicación instalada)
Durante esta semana estamos a facer cousas en torno ao Dia das Bibliotecas. Unha delas tivo lugar esta mañá na nosa biblio. Nela estiveron os alumnos de 6º de Primaria e 1º de ESO asistindo a unha sesión lúdica de formación de usuarios. Primerio recibiron información sobre como están organizados os libros e despois tiveron que buscar por equipos varios volumes para completar unhas frases.
Como todos os cursos, a Asesoría de Bibliotecas Escolares pon á disposición de todo o profesorado varias sesións formativas de unha hora para iniciarse e aproveitar as funcionalidades da plataforma de lectura dixital ELBE.
Para poder acceder a eles tedes que inscribiros en ZOOM no enlace propio de cada actitivades que vos proporcionamos ao final deste post.
Aquí podedes ver o video co fermoso traballo que os alumnos de ESO e 5º de Primaria realizaron para commemorar o Día das Escritoras nas materias de Linguas Estranxeiras, Lingua Galega, Castelá e Educación Plástica,Visual e Audiovisual.
Os murais están expostos no andar e no descanso da escaleira de ESO.
Como todos os cursos, a Asesoría de Bibliotecas Escolares envíanos os datos para actualizar os usuarios da Plataforma de Lectura Dixital E-LBE.2, dispoñible para alumnos e profesores.
Durante esta semana, os profes que sodes novos no centro iredes recibindo o voso nome de usuario e o voso contrasinal de un so uso, que teredes que cambiar a primeira vez que entredes.
Á ELBE.2 pódese acceder dende a propia páxina web do proxecto. Tedes o enlace aquí mesmo, no blog da biblioteca ou senon podedes seguir o seguinte enlace
Onte tivo lugar a primeira reunión do Club de Lectura de ESO. Estamos encantados coa acollida que tivo, de seguro que haberá que facer dous ou tres grupos para poder coordinar ben as reunións.
Onte escolleron o título que van ler en primeiro lugar e disfrutaron duns doces, que sempre son moi bos compañeiros para a lectura...😁
Durante este mes de setembro fixemos xa moitas cousas na biblio.
Empezamos constituíndo o Equipo da Biblioteca e facendo unha reunión para coordinarnos e repartirnos as funcións. Tamén aordamos co EDLG que seguremos colaborando neste curso para facer actividades conxuntas. O tema xeral que trataremos neste curso será AS BOAS MANEIRAS.
Dende o primeiro día de Clases xa recibimos aos alumnos cun dos Retos polas Boas Maneiras que imos levar a cabo durante o curso. Na entrada do cole dispuxemos un mural que ilustra o reto deste mes: SAUDAR. Foi elaborado polas profes de Educación Infantil, Ana e Cruz.
Ademais utilizamos unha plantilla para usar co alumnado nas entradas ás aulas.
Coma nos cursos anteriores seguirá funcionando a Hora de Lectura en ESO.
Dotáronse as Aulas de ESO de Bibliotecas de Aula e publicáronse os calendarios.
En Primaria e Infantil teñen as súas propias bibliotecas de Aula e xestionan a hora de lectura ao seu xeito.
Funcinará tamén o Club de Lectura coordinado pola profe de Lingua Galega, Patricia Varela. Teremos dous grupos en ESO, un grupo de profesores (coordinado pola profe Marta de Lingua Castela) e, como novidade, un grupo en Primaria que coordinará profe Marisa de Relixión.
Os venres estamos a recibir xornais de El Progreso de agasallo e estámosllelos ofrecendo ás aulas interesadas e aos alumnos no recreo da biblio.
O Día 26 de setembro publicamos unha fermosa e emotiva presentación que elaborou a profe de Lingua Galega, Patricia Varela.
E xa estamos preparando moitas outras cousas para o mes de outubro!