xoves, 9 de novembro de 2017

Descubrimos o Gran Tesouro da Biblioteca!

Porfin chegamos ao fin da búsqueda do tesouro, mira que nos deu traballiño!

Primeiro, tivemos que buscar as pezas das chaves que estaban agochadas polo patio.



Despois recompoñer os anacos e facer o grande puzle da chave maxica


A continuación localizar a Cova do Tesouro





E finalmente... ABRIR A COVA!!





E dentro estaba...
O GRAN TESOURO!! 
Pero antes estaban os piratas guardiáns, que nos contaron a lenda do Gran Tesouro do pirata Lionardo (primo lonxano e malvado do noso querido Leonardo, mascota da Biblio) e 
a Illa dos Libros.
Se a queredes saber, aos alumnos do cole lles teredes que preguntar.





E agora xa sabedes poruqe os nosos nenos teñen tantas gañas de andar cos libros estes días: teñen un ollo mais para ler!
E colorín, colorado, este conto está rematado. Ou non, quen sabe...👀

martes, 7 de novembro de 2017

A Semana da Biblioteca

Estamos apunto de rematar as activides da Semana da Bilioteca.
Estivemos moi atarefados!
Empezamos o martes 24, o Día Internacional das Biliotecas, recibindo aos nenos de Infantil. Viñeron facernos unha visita e descubriron a nosa Illa dos Tesouros: a Biblioteca, que agocha fermosos e maravillosos libros para todas as idades.
Ademáis fixeron un xogo no que se traballou como estar correctamente
dentro da Bilio.







O mércores 25 recibimos aos Exploradores de Primaria. Viñeron todos cos seus profes e entraron con moito coidado na Illa dos Tesouros, con moito coidado de non poñer os pes na auga chea de tiburóns e pirañas.

 

Cando xa estaban a salvo, o profe Diego explicoulles coa axuda deste video
 http://prezi.com/-v2zwtefl08p/?utm_campaign=share&utm_medium=copy
 como encontrar os libros dentro da bilioteca e como están organizados e fixeron unha actividade coa CDU.

 

Despois cada clase tivo que buscar un mapa do gran tesouro, que veu nunha botella polo mar.







Cando se marcharon levaron unha caixa de libros para cada clase para a súa biblioteca de Aula de Primaria.




O Xoves 26 tivemos aos alumnos da ESO. Fouad e Daniel de 3º ESO ensináronlle aos seus compañeiros  a orientarse na Bilioteca con esta presentación:
 http://prezi.com/odsnny3y-tes/?utm_campaign=share&utm_medium=copy
 e fixeron uns xogos para atopar libros. Foron todos rapidísimos!







O luns 30, os alumnos de Primaria xa sabía donde estaba o Gran Tesouro agochado, pero tiveron que buscar por todo o patio as chaves . Aquí podedes ver o traballo que pasaron os alumnos de 1º de Primaria.





 Estaban ansiosos por abrir a caverna que agochaba o tesouro, pero ata o martes... non se podía abrir a cova...

Continuará...


mércores, 13 de setembro de 2017

Arrancando o curso co Reto Spinner.


Benvidos a todos a este novo curso 2017-2018!
Este ano imos comezar cos 
Retos Spinner

Consiste en facer o maior número de operación matemáticas ou escribir palabras mentres o Spinner está a xirar.

Aquí tedes o enlace á páxina de Orientación Andújar no que están as fichas para traballar o vocabulario por campos semánticos. Pódense descargar en formato PDF.

Para traballar as tablas de multiplicar outra vez en
Orientación Andújar este divertido duelo.

E para traballar  o cálculo mental tedes na páxina de
Imágenes Educativas varias fichas que tamén podedes descargar.

Veña, a facer rodar os spinners!