Na zona de Biblioteca Creativa temos un novo reto preparado para vos:
Un puzle sobre a película El Rey León.
Ollo! É difícil e está pensado para maiores de 11 anos!
E recordade botar un ollo ás instruccións que hai especificadas no cartel.
Un puzle sobre a película El Rey León.
Ollo! É difícil e está pensado para maiores de 11 anos!
E recordade botar un ollo ás instruccións que hai especificadas no cartel.
Seguimos ambientando o colexio coa temática do cine: así luce o hall do centro tal que si fose o recibidor dun cine👀.
Este traballo de ambientación foi realizado polas profes de Infantil membros do Equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.
Coidado porque poden aparecer sorpresiñas...
Aquí tedes unha pequena guía da nosa biblioteca. Foi feita polos alumnos voluntarios de 3º de ESO.
Picade no seguinte nelace para ver a revista Miuzallas correspondente a este curso 2020-2021 na que participaron alumnos de 4º, 5º , 6º de Primaria e 1º de ESO.
Os alumnos de 5º de Primrai, voluntarios da Biblioteca Escolar están a participar no concurso da Federación de Asocianóns de Persoas Xordas de Galicia Cantamos con las manos.
Para votar polo seu traballo teredes que picar no seguinte enlace:
Estamos preto de rematar o curso e queremos coñecer a vosa opinión.
Por iso vos pedimos que cubrades esta enquisa sobre o funcionamento da Biblioteca Escolar e as súas actividades deste curso. Poderedes suxerir as melloras que queirades.
Moitas grazas por participar!
Aquí tedes o Audiolibro que elaboramos no cole este ano dentro do Programa de Radio na Biblio. Collemos o libro de Adrián Maceda e fixémoslle unha versión en audio. Podedes escoitala picando no seguinte enlace.
Recordade que necesitades ter a aplicación de IVOOX para poder reproducilo.
https://go.ivoox.com/rf/70352776
Como xa sabedes, este ano entramos no proxecto Radio na Biblio e estamos a a utilizar as instalación a tope!
Para que poidades ver todo o que se fixe, fai e fará na radio, dende agora temos a seccion fixa no blog cun enlace a todos os programas, dentro da plataforma IVOOX. Para poder escoitar dende o móbil precisades descargar a aplicación.
Que o disfrutedes!
Durante este mes de maio estivemos a facer todos isto. Poderedes consultar as fotos no instagram da Biblioteca:
@biblioteca_cole_escairon