martes, 14 de febreiro de 2023

Cartas de San Valentín

Hoxe é o día dos Namorados e, por decreto interno, tamén día do Amor e da Amizade.
 No noso buzón de San Valentín estivemos a recoller as cartas que alumnos, profes e personal non docente quixeron adicar aos seus compañeiros e hoxe fixemos reparto delas coa axuda dos nosos voluntarios da Biblio.👏🏻👏🏻👏🏻




xoves, 9 de febreiro de 2023

Novo reto na Biblio





 Na zona de Biblioteca Creativa temos un novo reto preparado para vos:

Un puzle sobre a película El Rey León.


Ollo! É difícil e está pensado para maiores de 11 anos!

E recordade botar un ollo ás instruccións que hai especificadas no cartel.


Xoves de Compadres.

Pois aquí tedes a sorpresiña que prometemos😎😎
Hoxe é Xoves de Compadres e no hall do cole tivemos as películas e actores nominados aos Óscars  a posterior entrega de premios.
As fotos dos filmes e os actores están pixeladas pola 
Protección de Datos, se queredes velas ao completo poderedes facelo acercándovos ao Hall do cole.




martes, 7 de febreiro de 2023

O Hall do cine

Entrada do cole. Seguimos ambientando o colexio coa temática do cine: así luce o hall do centro tal que si fose o recibidor dun cine👀.

Este traballo de ambientación foi realizado polas profes de Infantil membros do Equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.

Coidado porque poden aparecer sorpresiñas...


luns, 24 de outubro de 2022

xoves, 17 de xuño de 2021

Revista Miuzallas do curso 20-21

 Picade no seguinte nelace para ver a revista Miuzallas correspondente a este curso 2020-2021 na que participaron alumnos de 4º, 5º , 6º de Primaria e 1º de ESO.


PICADE NO SEGUINTE ENLACE PARA PODER VELA

luns, 7 de xuño de 2021

Cantamos a Rosalía con las manos

 Os alumnos de 5º de Primrai, voluntarios da Biblioteca Escolar están a participar no concurso da Federación de Asocianóns de Persoas Xordas de Galicia Cantamos con las manos.

Para votar polo seu traballo teredes que picar no seguinte enlace:






Enquisa sobre a Biblioteca Escolar

 Estamos preto de rematar o curso e queremos coñecer a vosa opinión. 

Por iso vos pedimos que cubrades esta enquisa sobre o funcionamento da Biblioteca Escolar e as súas actividades deste curso. Poderedes suxerir as melloras que queirades.

Moitas grazas por participar!

mércores, 2 de xuño de 2021

Audiolibro Índice de Adrián Maceda.

 Aquí tedes o Audiolibro que elaboramos no cole este ano dentro do Programa de Radio na Biblio. Collemos o libro de Adrián Maceda e fixémoslle unha versión en audio. Podedes escoitala picando no seguinte enlace.

Recordade que necesitades ter a aplicación de IVOOX para poder reproducilo.

https://go.ivoox.com/rf/70352776


















martes, 1 de xuño de 2021

RAdio na Biblio

Como xa sabedes, este ano entramos no proxecto Radio na Biblio e estamos a a utilizar as instalación a tope!

Para que poidades ver todo o que se fixe, fai e fará na radio, dende agora temos a seccion fixa no blog cun enlace a todos os programas, dentro da plataforma IVOOX. Para poder escoitar dende o móbil precisades descargar a aplicación.

Que o disfrutedes!