Velaquí como quedou a Biblioteca grazas á colaboración de varios grupos de ESO, que foron os encargados de facer as decoracións que pòdedes ver a continuación.
Na porta temos un maravilloso photocall feito pola profe e os alumnos de 5º de Primaria.
Velaquí como quedou a Biblioteca grazas á colaboración de varios grupos de ESO, que foron os encargados de facer as decoracións que pòdedes ver a continuación.
Na porta temos un maravilloso photocall feito pola profe e os alumnos de 5º de Primaria.
Este xoves 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. Na nosa bilbio ofrecemos un agasallo por cada libro prestado. Tamén aproveitamos para facer un pouco de formación de usuraios posto que explicamos aos alumnos de Primaria donde atopar os librros da súa idade e como mantelos colocados.
Velaquí o programa número 2 da nosa RADIO XUNTOS deste curso 2024-2025.
Desta volta tócoulle aos artistazos de Educación Infantil, coa axuda das súas profes, facer o seu programa. Nel cántannos unha canción, fálannos do Samaín, da vendima e do mar. Moi interesante!!
Como sempre, poderedes escoitalo en iVoox (tedes que ter a aplicación instalada)
https://go.ivoox.com/rf/135114083
Picando no seguinte enlace.:
https://drive.google.com/file/d/1DW0-nrxggRqbaU_QBSNa-1EKbrO3w7Kb/view?usp=drive_link
E este sábado en RADIO ECO FM Ribeira Sacra a partires das 15:30.
Durante esta semana estamos a facer cousas en torno ao Dia das Bibliotecas. Unha delas tivo lugar esta mañá na nosa biblio. Nela estiveron os alumnos de 6º de Primaria e 1º de ESO asistindo a unha sesión lúdica de formación de usuarios. Primerio recibiron información sobre como están organizados os libros e despois tiveron que buscar por equipos varios volumes para completar unhas frases.
Foi realmente ameno!
Aquí podedes ver o video co fermoso traballo que os alumnos de ESO e 5º de Primaria realizaron para commemorar o Día das Escritoras nas materias de Linguas Estranxeiras, Lingua Galega, Castelá e Educación Plástica,Visual e Audiovisual.
Os murais están expostos no andar e no descanso da escaleira de ESO.
Como todos os cursos, a Asesoría de Bibliotecas Escolares envíanos os datos para actualizar os usuarios da Plataforma de Lectura Dixital E-LBE.2, dispoñible para alumnos e profesores.
Á ELBE.2 pódese acceder dende a propia páxina web do proxecto. Tedes o enlace aquí mesmo, no blog da biblioteca ou senon podedes seguir o seguinte enlace
https://bega-elbe2.edu.xunta.es/
Tamén existe unha APP para o móvil que podedes consultar nos seguintes enlaces dependendo do voso sistema operativo.
https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.xunta.bega_elbe2&hl=es&pli=1
https://apps.apple.com/es/app/bega-elbe2/id1346507898
Se tedes calquer dúbida, podedes consultar a Estrella, Coordinadora da Biblioteca.
Velaquí tedes o primeiro programa do curso 2024-2025!
Foi elaborado polos alumnos de 3º de ESO baixo a coordinación de Patricia Varela, a profe de Lingua Galega.
Podedes escoitalo en iVOOX, pero recordade que tedes que ter a aplicación instalada.
Para outras opcións de escoita, podedes picar no seguinte enlace que vos levará a DRIVE.
https://drive.google.com/file/d/1exiHATrdc29_mNkTAiRqYIOOrBUn9VD1/view?usp=sharing
Onte tivo lugar a primeira reunión do Club de Lectura de ESO. Estamos encantados coa acollida que tivo, de seguro que haberá que facer dous ou tres grupos para poder coordinar ben as reunións.
Onte escolleron o título que van ler en primeiro lugar e disfrutaron duns doces, que sempre son moi bos compañeiros para a lectura...😁
Durante este mes de setembro fixemos xa moitas cousas na biblio.
Empezamos constituíndo o Equipo da Biblioteca e facendo unha reunión para coordinarnos e repartirnos as funcións. Tamén aordamos co EDLG que seguremos colaborando neste curso para facer actividades conxuntas. O tema xeral que trataremos neste curso será AS BOAS MANEIRAS.
Dotáronse as Aulas de ESO de Bibliotecas de Aula e publicáronse os calendarios.
En Primaria e Infantil teñen as súas propias bibliotecas de Aula e xestionan a hora de lectura ao seu xeito.
Funcinará tamén o Club de Lectura coordinado pola profe de Lingua Galega, Patricia Varela. Teremos dous grupos en ESO, un grupo de profesores (coordinado pola profe Marta de Lingua Castela) e, como novidade, un grupo en Primaria que coordinará profe Marisa de Relixión.
Os venres estamos a recibir xornais de El Progreso de agasallo e estámosllelos ofrecendo ás aulas interesadas e aos alumnos no recreo da biblio.
O Día 26 de setembro publicamos unha fermosa e emotiva presentación que elaborou a profe de Lingua Galega, Patricia Varela.
E xa estamos preparando moitas outras cousas para o mes de outubro!