xoves, 20 de abril de 2023

Libros para Familias.

 Nesta semana previa ao 23 de Abril estamos a facer actividades relacionadas co Día do Libro. Entre elas estamos reactivando a Biblioteca das Familias, un espazo que contén lecturas relacionadas coa saúde, coa crianza e coa psicoloxía dos nenos e adolescentes. 


 
A Bilioteca das familias leva xa varios cursos funcionando e despois do parón polo COVID queremos reactivala e intentar achegar a todas as familias libros e materiais que lles podan acompañar e ser útiles no proceso de educación dos seus fillos. Abarcamos moitas temáticas diferentes que podedes consultar no listado que aparece picando neste enlace. Dito listado está como enlace permanente, aquí no blog da biblioteca, no lateral dereito. Ademais contamos cun expositor que se atopa na entrada do centro no que poderedes ver unha mostra dos libros que ofertamos.


Se algunha familia está interesada en tomar prestado algún destes materiais debe poñerse en contacto coa coordinadora da Biblioteca Escolar para que lle sexa feito o carnet de usuario. Se xa es usuarios da biblioteca escolar so hai que mandar unha nota polo fillo ou pedir o libro directamente no colexio á coordinadora.


Ningún comentario:

Publicar un comentario