Neste mes de outubro levamos a cabo estas actividades:
Estantería das Lecturas obligatorias de Castelán e Galego:
Empezamos a programación de Biblioteca creativa facendo pulseiras con follas de outono:
Empezamos coa programación da Hora de lectura.
Puxemos en marcha a Casiña viaxeira dos segredos que é unha ,aleta viaxeira moi especial con libors que agochan segredos que se poden ver cunha linterna.
Dende este mes temos unha conta nova de instagram que é @biblio_cole_escairon_
Publicamos o horario de atención da biblioteca e as horas adicadas ao Proxecto competencial de Primaria: Viaxar polo Mundo. Neste horario tamén se comtempla a asistencia dos alumnos de Infanil unha vez por semana.
Lanzamos o Reto de lectura 2023 para profes. Damos continuidade ao proposto o curso pasado, pero esta vez limitámolo aos meses de clases.
A principios do mes lanzamos un concurso de debuxo para todos os alumnos. A finais de mes, durante a Semana da Biblioteca. expuxemos os debuxos que se presentaron e votamos polos grañadores.
Na Semana da Biblioteca obsequiamos a cada neno de 4º e 5º de Infantil cun lote de libros extraídos de entre os expurgados da bilioteca. a esta iniciativa chamámoslle "Unha biblioteca para cada Neno" e tivo unha excelente acollida por parte das familias.
Formación de usuarios pola semana das bibliotecas escolares: uso da Plataforma E-LB 2 para alumnos de ESO e 5º, 6º de Primaria.
Radio na biblio. Empezamos coa programación: os alumnos de 3º de ESO grabaron un programa sobre a Leucemia como continuación da carreira solidaria La Vuelta al Cole, organizada pola profe de EF de ESO, Laura Belón.
Para Halloween fixemos unha selección de libros de medo:
E colaboramos co EDLG na decoración do hall do centro coa temática do Magosto e do Samaín.
Ademais, dentro do Club de Lectura, empezo a funcionar o grupo de alumnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario