mércores, 3 de abril de 2024

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e Día do Autismo.

 Este martes 2 de abril, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e do Día do Autismo tivemos no cole a Manuel Darriba, escritor, xornalista e guionista de Sarria para presentarlle aos nenos de Infantil o seu libro Pedro, o Piloto de gaivotas, que fala do día a día dun  neno con autismo.





Despois aproveitamos a grandísima experiencia de Manuel e fixemos unha sesión sobre o traballo dun guionista para os alumnos de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 1º, 3º e 4º de ESO.




Ningún comentario:

Publicar un comentario