venres, 15 de decembro de 2023

Episodio 3 de RADIO XUNTOS! Todos Somos Especiais!

 Aquí tedes o programa desta semana, Todos Somo Especiais, elaborado polos alumnos de 2º de Primaria coa súa titora, Miriam. 

O programa xira en torno á integración aproveitando que o día 3 de decembro se celebrou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Como sempre, poderedes escoitalo este sábado 16 de decembro pola radio sintonizando RADIOECO FM Ribera Sacra a partir das 15:30. 

Tamén poderedes reproducilo na aplicación de iVoox no noso canal deste curso RADIO XUNTOS 23-24. Recordade que debedes ter a aplicación instalada.

E por último, poderedes tamén acceder a el directamente picando na foto:



Ningún comentario:

Publicar un comentario