venres, 15 de decembro de 2023

Novembro na Biblio

 Neste mes de novembro, na biblio, fixemos todas estas actividades.

Estrenamos pasatempos relaxante: Diamond painting. Un exitazo: 

 

Actualizamos os calendarios da porta da biblioteca: calendario de actividades propio da biblio e Calendario temático mensual elaborado en colaboración co ED 

Andamos a facer reformas nos andeles da biblio porque imos crear unha nova estantería de Linguas Estranxeiras: Inglés e Francés para facilitar o acceso e a promoción dos libros nas linguas estranxeiras que estudiamos no cole. Non descartar engadir fondos noutras linguas para acercalos aos nosos usuarios.

Creamos unha nova Estantería de Educación emocional que contén fondos para apoiar o programa de Educación Responsable no que participa o cole este curso e os dous seguintes.

O Clube de Lectura de profes comenzou a funcionar con 8 integrantes e un libro para ler en formato físico pero tamén, como novidade este curso, en formato dixital.

En previsión do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, imprimimos e puxemos á disposición do profesorado na sala de Profes una dossier con actividades de integración e de concienciación que nos mostrou a nosa profe da ONCE, Aurora.

 

Elaboramos dous programas de radio, un con 4º de ESO e a profe de Música, Ana e o outro con 6º de Infantil e a súa titora Mer. Os dous están publicados en entradas anteriores deste mesmo blog.
No andar da biblio montamos unha zona interactiva para conmemorar o mes da Ciencia na Biblioteca. Puxemos á disposición dos alumnos a colección de insectos e artrópodos do Departamento de Bioloxía e unha lupa. Foi tal o éxito que non o desmontaremos ata o 2º trimestre.


Ademais, os venres, repartimos xornais que nos donou El Progreso.

No RETO de LECTURA para profes tocounos ler a biografía dun actor ou dun director de cine. 


E no Proxecto Postcrossing enviamos postais para todo o mundo!



Os alumnos de Infantil disfrutaron da Casiña dos Segredos coma ananos!

A finais de mes dispuxemos unha copia impresa da versión ilustrada da Constitución Española na biblio.





Ningún comentario:

Publicar un comentario