xoves, 26 de abril de 2018

Revista ENTRE ESTUDIANTES

Temos nova publicación á disposición dos nosos alumnos de ESO, cortesía do Departamento de Orientación. 
É unha revista dirixida sobre todo aos alumnos dos cursos de 3º e 4º  que trata todo o relativo aos estudios posteriores á ESO: ciclos, carreiras, saídas, universidades e moitas máis cousas relativas aos estudios.
Os encargados de presentala nas aulas de 3º e 4º de ESO foron os nosos alumnos voluntarios da Biblioteca Kevin e Marta Lorenzo de 3º de ESO.




mércores, 25 de abril de 2018

23 de Abril, Día do Libro

Estas son as nosas actividades polo día do Libro.
Primeiro xuntámonos todos para ver un video no que participaron todos os nenos do cole.

Picando aquí abaixo teredes o

Despois levamos a cabo a actividade OS PADRIÑOS LECTORES, durante a cal todos os alumnos de ESO distribuídos por parellas leron contos da biblioteca aos nenos de Infantil e Primaria divididos en grupiños.
Foi moi bonito! Perfecto para honrar os libros neste día tan importante.


















mércores, 11 de abril de 2018

Concurso da Biblioteca Municipal de O Saviñao

Aquí tedes o enlace para o CERTAMNE DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2018 convocado pola
Biblioteca Municipal de O Saviñao.
Poderedes ver as bases e descargar o impreso de participación. Tamén temos copias na conserxería do cole.
O plazo remata o día 8 de Maio.
Animádevos a participar!

BASES POR AQUÍ