xoves, 25 de abril de 2024

O meu libro favorito polo Día do Libro 2024

 Aquí poderedes escoitar o novo programa de Radio que fixemos no cole. Os alumnos, profes e personal non docente dícennos cal é o seu libro favorito para conmemorar o Día do Libro .


Como sempre, poderedes escoitalo en iVoox no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/128040813

En RADIOECO FM este sábado a partir das 15:30.

Se non tedes paciencia para esperar ou non podedes acceder a iVoox podedes escoitalo picando no seguinte enlace.

https://drive.google.com/file/d/1p5clDHrkWNA9Zb8PLagt-YSF9_e1FMmD/view?usp=sharing


Grazas a todos por participar!

mércores, 24 de abril de 2024

Día do Libro 2024

 Este martes 23 de abril celebramos o Día do Libro facendo un Apadriñamento Lector entre os alumnos de 6º de Primaria, 1º,2º,3º e 4º de ESO e os alumnos de Infantil e Primaria restantes. Foi un acto moi breve pero moi disfrutado por ámbalas dúas partes: os que contaron e os que escoitaron.



Ademais agasallamos aos alumnos de 1º e 2º de Primaria cun lote de libros expurgados da biblioteca dentro da campaña propia Unha Biblioteca para cada neno.



xoves, 11 de abril de 2024

¿Por qué no hablamos de rock? Radio con 1º de Primaria.

 Os alumnos de 1º de Primaria grabaron o seu programa de radio chamado ¿Por qué no hablamos de rock? 

Elaborárono coa axuda da titora Lorena, grabárono con Amina e foi editado por Estrella.

Podedes escoitalo picando no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1GKqBe3Lw8x38J_MvmiKlp-o0GB9McXKm/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1GKqBe3Lw8x38J_MvmiKlp-o0GB9McXKm/view?usp=sharing

En iVoox:

https://go.ivoox.com/rf/127357692

Ou en Radio ECO FM Ribeira Sacra, este sábado a partires das 15:30.


mércores, 3 de abril de 2024

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e Día do Autismo.

 Este martes 2 de abril, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e do Día do Autismo tivemos no cole a Manuel Darriba, escritor, xornalista e guionista de Sarria para presentarlle aos nenos de Infantil o seu libro Pedro, o Piloto de gaivotas, que fala do día a día dun  neno con autismo.





Despois aproveitamos a grandísima experiencia de Manuel e fixemos unha sesión sobre o traballo dun guionista para os alumnos de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 1º, 3º e 4º de ESO.