mércores, 29 de novembro de 2023

45 aniversario da constitución Española.

 Este ano celébrase o 45 aniversario da Constitución Española. O Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes editou unha versión ilustrada que poderedes ver picando na seguinte foto.

Asímesmo dispoñemos dunha copia impresa na biblioteca.

El Gobierno lanza una campaña para acercar la Constitución a los jóvenes en  su 45 aniversario

martes, 28 de novembro de 2023

Alimentación saudable, Radio feita por 6º de Infantil.

 Velaquí tedes o programa feito polos alumnos de 6º de Infantil e a súa profesora Mer.

Recordade que o poderedes escoitar en Radio Eco FM Ribeira Sacra este sábado a partires das 15:30.

Tamén poderedes escoitalo agora mesmo picando na seguinte imaxe.





luns, 20 de novembro de 2023

Santa Cecilia 2023

 Este ano, para conmemorar Santa Cecilia, os alumnos de Música 4º de ESO  coa súa profesora Ana López Castaño, fixeron un programa monográfico sobre cancións que falan da importancia da música nas nosas vidas. Para escoitar o programa podedes picar na seguinte imaxe:




domingo, 5 de novembro de 2023

Outubro na Biblio

Neste mes de outubro levamos a cabo estas actividades:

Estantería das  Lecturas obligatorias de Castelán e Galego:

Empezamos a programación de Biblioteca creativa facendo pulseiras con follas de outono:

Empezamos coa programación da Hora de lectura. 

Puxemos en marcha a Casiña viaxeira dos segredos que é unha ,aleta viaxeira moi especial con libors que agochan segredos que se poden ver cunha linterna.

Dende este mes temos unha conta nova de instagram que é @biblio_cole_escairon_        

Publicamos o horario de atención da biblioteca e as horas adicadas ao Proxecto competencial de Primaria: Viaxar polo Mundo.  Neste horario tamén se comtempla a asistencia dos alumnos de Infanil unha vez por semana.

Ao fío do Proxecto competencial anterior, creouse unha estantería con libros de viaxes e de países para que usen os profesores e alumnos que están dentro desta actividade. Ao longo do curso iranse incrementado os fondos disponibles.


Lanzamos o Reto de lectura 2023 para profes. Damos continuidade ao proposto o curso pasado, pero esta vez limitámolo aos meses de clases.

A principios do mes lanzamos un concurso de debuxo para todos os alumnos. A finais de mes, durante a Semana da Biblioteca. expuxemos os debuxos que se presentaron e votamos polos grañadores.





  



 

O domingo 22 de outubro,  o Colectivo LemosLe celebrou a súa comida anual e a biblioteca do Cole estivo presente no fermoso mural que realizaron tecendo os logotipos de todos a bibliotecas e librerías colaboradoras:

Na Semana da Biblioteca obsequiamos a cada neno de 4º e 5º de Infantil cun lote de libros extraídos de entre os expurgados da bilioteca. a esta iniciativa chamámoslle "Unha biblioteca para cada Neno" e tivo unha excelente acollida por parte das familias.
  

Ademais, os alumnos de 1º de Primaria levaron tamén un libro para facer lectura compratida coas súas familias e fomentar o uso do Galego.
 

Na Semana da Biblio temán tivemos 3 actividades que nos enviou a Biblioteca Municipal do Saviñao para os alumnos de Infantil e Primaria.
   
Durante a degustación de castañas do Magosto entregamos os premios: un lote de libro, marcapáxinas, libreta e rotuladores dentro dunha bolsa de tela personalizada pola profe Amina coa nova estampadora Crit Cut da biblioteca.
 

Continuamos co Prioxecto Psotcrossing e enviamos postais a Alemania, Bielorusia, USA e Holanda.

Formación de usuarios pola semana das bibliotecas escolares: uso da Plataforma E-LB 2 para alumnos de ESO e 5º, 6º de Primaria. 

 

Radio na biblio. Empezamos coa programación: os alumnos de 3º de ESO grabaron un programa sobre a Leucemia como continuación da carreira solidaria La Vuelta al Cole, organizada pola profe de EF de ESO, Laura Belón.


Para Halloween fixemos unha selección de libros de medo:

 

E colaboramos co EDLG na decoración do hall do centro coa temática do Magosto e do Samaín.

 

Ademais, dentro do Club de Lectura, empezo a funcionar o grupo de alumnos.