luns, 9 de outubro de 2023

Inicio curso 2023-2024!

 Rematado este mes de setembro, mostrámosvos as actividades que levamos a cabo na biblio para empezar este novo curso 2023-2024.

Antes de comezar o curso, démoslle unha voltiña á colocación das zonas da biblioteca. O clube de lectura cambiou o seu sitio pola zona Infantil.




Deseñamos o logotipo par este curso adicado a Xan de Forcados:

O primeiro día de clases recibimos ao alumnado cun mural feito polo EDLG en colaboración coa Biblioteca que ilustra a nosa temática deste curso, que xirará en torno á figura de Xan de Forcados.



O EDLG deseñou o calendario do mes de setembro sobre a temática de Xan de Forcados.

Postcrossing: reactivamos o envío de postais en inglés e francés do Proxecto Postcrossing e actualizamos o mural con axuda dos alumnos de Expresión Artística de 4º de ESO.


Elaboración cartel  temático para o pasillo da biblio: os alumnos de EPVA de de 3º ESO e os de Expresión Artística de 4º ESO fixeron o cartel para o pasillo da biblio:




Horas de lectura: Deseñamos o calendario das horas de Lectura para ESO a desenrolar durante todo o curso.

Calendario da Radio: A Radio conta tmeñn cunha programación anual e un reparto de semanas por clases para que todos poidan usar as instalacións.

Convocamos un concurso de debuxo sobre Xan de Forcados para ir estimulando o interese pola figura e ir coñecendo algo mais sobre el.