venres, 17 de febreiro de 2023

11 De febrerio: Día Internacional da Nena e da Muller na ciencia

 Este xoves, cun pouco de retraso celebramos o Día internacional da Nena e a Muller na Ciencia. Esta é unha xornada que fomenta a vocación científica entre as nenas e que celebra os éxitos normalemnte menos coñecidos da mulleres no ámbito das ciencias.

Na biblio fixemos confluir varios proxectos nos que estamos metidos para acercar esta celebración aos alumnos de Primaria. Durante un recreo no recuncho da Biblioteca Creativa  e baixo a supervisión da profesora responsable do Procexto, Amina, dispuxemos un taboleiro cunha plantilla de Escornabot para que os nenos traballaran programando os robots para desplazarse sobre eles. 

Todo isto foi explicado e guiado por 3 alumnos voluntarios da Biblioteca Escolar de 2º de ESO, que nese momento estaban na súa hora de titoría cos profe Estrella.

Os alumnos de 2º de ESO comentaron que os nenos de Primaria eran uns máquinas cos escornabot!!



Ademais diso a profe Amina, que recentemente recibiu formación sobre o tema nas Xornadas de Bibliotecas Creativa, dispuxo unha zona nova para facer Lettering para os alumnos. Tivo moito éxito!



Ningún comentario:

Publicar un comentario