Hoxe venres celebramos na biblioteca o Día de Rosalía cun pouco de retraso.
Os alumnos de 1º de ESO coa profe Estrella fixeron un Kahoot por equipos sobre a ilustre escritora e aprenderon cousas que non sabían.
O equipo gañador obtivo un obsequio composto por un mini-cómic de Miguelanxo Prado, unha piruleta de corazón e un rotulador de pincel. E todos os participantes tiveron a súa piruleta de agasallo pola participación.
Ademais diso tivemos exposto un mural sobre Rosalía feito polos alumnos de Primaria grazas ao EDLG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario