Hoxe saen novas postais para Rusia, Taiwan, Alemania, China, Slovenia e Xapón. Foron redactadas polos alumnos de 4º da ESO, todas en inglés coa profe Raquel.
Este proxecto está vinculado á biblioteca Escolar e fano funcionar as profesoras de Linguas Estranxeiras: Inglés e Francés (Ana Quintela, Lucía, Raquel e Estrella) dende hai 2 cursos escolares.
Con esta actividade, ademais de practicar o inglés escrito, os alumnos aprenden un pouco de xeografía.
Compre sinalar que as postais foron deseñadas polos alumnos de Plástica de 1º de ESO no curso escolar 2020-2021 coa profe Estrella dentro do proxecto da Biblioteca Coñece O Saviñao e que o Concello nos agasallou coa súa impresión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario