Nesta data tan sinalada dende a biblio fixemos varias cousiñas.
En colaoracion co EDLG elaboramos un mural das directoras de cine mais importantes da historia e tamén mais descoñecidas.
Na Radio grabamos o programa monográfico sobre o 8M con 1º de ESO. O guión foi elaborado coa súa titora, Alexandra. Neste programa entrevistamos a Pili, a nosa encargada da limpeza porque se xubila esta semana despois de 30 anos traballando no cole. Tamén grabamos un poema e un texto de Rosalía de Castro que está considerado o primeiro manifesto feinista escrito en castelán.
Fixemos suxerencias de cine feminista para profe e adultos e colgámolos na porta da Sala de Profesores.
Polas aulas de ESO colgamos unha infografía que trataba mitos do feminismo dende un punto de vista cómico:
Ningún comentario:
Publicar un comentario