mércores, 29 de marzo de 2023

SESIÓNS DE CINE XOVES 30 DE MARZO: PLATINO EDUCA

 Velaquí tedes os enlaces para as sesións de cine do xoves 30 de marzo de 2023. Son todos filmes e documentais extraídos da web do Ministerio de Educación Platino Educa, unha platforma de cinema español orientado ao ámbito educativo. A grande maioría dos documentos teñen material de traballo asociado.


PROPOÑEREMOS UN FILME OU DOCUMENTAL PARA CADA CURSO. PARA VISUALIZALO HABERÁ QUE PICAR NA FOTO DO CARTEL DA PELÍCULA/DOCUMENTAL E ACCEDERASE Á PLATAFORMA. PARA PODER VISUALIZAR O DOCUMENTO HABERÁ QUE INTRODUCIR UNHA CONTRASEÑA QUE SE VOS PROPORCIONARÁ O XOVES POLA TARDE.

Para 1º DE ESO propoñemos Mortadelo y Filemón, un filme de Guillermo Freser de 2002. Este filme dura 110 minutos. Pode rematar de verse ao día seguinte. 
Picade no cartel da película para ir á plataforma de Platino Educa. Recordade utilizar o contrasinal proporcionado o mesmo xoves.



Para 2º de ESO propoñemos Arrugas, un filme de animación de Gonzalo Ferreras do ano 2011. Dura 80 minutos. Para acceder ao filme picade na imaxe e para visionar introducide o contrasinal proporcionado.


Para 3º de ESO La Celestina, seleccionada pola profe de Lingua Castelá. Este filme do ano 1996 é de Gerardo Vega e dura 99 minutos. É para maiores de 13 anos. Recordade introducir o contrasinal que se vos proporcionou.


Para 4º de ESO Ara Malikian, un documental seleccionado pola profe de Música. Dura 89 minutos e é do ano 2019. Conta a fascinante vida do violinista Ara Malikian. Utilizado o contrasinal proporcionado para poder acceder ao filme.


QUE DISFRUTEDES DESTA TARDE DE CINE!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario