martes, 7 de marzo de 2023

Semana da prensa: Xogos contra a Desinformación.

 Durante a Semana da Prensa suxerimos aos titores e profes de lenguas esranxeiras de ESO que utilicen unha serie de xogos para aprender a protexerse contra a grande plaga da actualidade: a desinformación.

Este listado de xogos foi proposto polo Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado, o INTEF no documento Como protegerme de la desinformación.

En 1º lugar temos o xogo GO VIRAL, que trata sobretodo do traxecto que recorre nas nosas redes sociais os bulos e aprender a identificalos. Pódese xogar en español. 

Pica na icona para ser dirixido ao xogo.



BAD NEWS pon aos xogadores no papel de productores de desinformación e de noticias falsas para os seguidores de Twitter. Similar ao anterior pero en inglés para un nivel elevado (3º, 4º de ESO) 

Pica na icona para ser dirixido ao xogo.



Harmony Square pódese xogar en diferentes idiomas: inglés, francés e español. Ambientado nunha comunidade chamada Harmony Square tu serás o Encargado da Desinformación e o teu cometido é alterar a paz e a tranquilidade da comunidade enfrentando aos seus residentes. Interesante!!

Pica na icona para ser dirixido ao xogo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario