Estamos na Semana da Prensa e seguimos cos Obradoiros de Iniciación á Robótica.
Este luns pasado, no recreo de Primaria, os alumnos de 3º estiveron a xogar cunha plantilla e con diversos formatos de prensa. Tiñan que escoller un medio (un xornal, revista ou emisora de radio) e tentar chegar a ela co Escornabot avanzando as casillas que lles indicaba un dado. Se ían a un xornal ou revista tiñan que ler o tilular dun artigo e se ían a unha radio tiñan que poñer unha canción ou buscar esa emisora na radio.
Foi moi divertido e todo un reto conseguir chegar ao medio que querían!
Todo este material estará disponible para quen queira utilizalo ( Infantil, Primaria ou ESO) durante un recreo ou durante unha sesión guiada polo profesor. Animádevos todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario