xoves, 1 de xuño de 2023

Manexo da Crit Cut

 O mércores pola tarde tivemos unha sesión de Biblioteca Creativa orientada ao profesorado. Foi impartida pola profe Amina, Coordinadora do Programa Bibliotecas Creativas enmarcado dentro do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares)

Nesta sesión Amina ensinounos a manexar a máquina de corte CritCut que compramos este curso para a sección de Biblioteca Creativa.

 Ademais de aprender o básico para o seu aproveitamento didáctico, aprendemos a facer uns chaveiros personalizados.






Ningún comentario:

Publicar un comentario