Esta última semana do trimestre celebramos o Nadal na biblio con dúas sesións de cine para Primaria organizadas polo EDLG e cunha gala de Fin dwnAno para ESO con música, karaoke, baile e uvas ás 12. Ademais entregamos os premio do concurso de poesía de Nadal.
mércores, 25 de decembro de 2024
xoves, 19 de decembro de 2024
Cantos de Reis en Escairón.
Todos os alumnos de ESO participaron hoxe nunha actividade navideña moi especial: saíron polas rúas de Escairón, aproveitando que era feira para cantar unhas panxoliñas. Tamén visitaron o centro da 3º idade. E en todos os lugares tiveron unha moi calorosa acollida!
Durante esta actividade estiveron recadando a vontade para financiar a viaxe á neve a Jaca na que participará a maioría dos nosos alumnos.
Estiveron organizados pola profe de Lingua Galega, membro do EDLG e da Biblioteca. Acompañaron ademais outros profes e unha das limpiadoras do centro.
O grupo quedou moi agradecido pola atención que lle adicaron nas rúas e no centro da 3º Idade. Con este público da gusto!!
Radio Multicultural
As alumnas de 4º de ESO grabaron este pequeno podcast explicando algunhas das diferenzas da celebración do Nadal en España e en Marrocos.
É unha actividade moi especial e significativa para nos posto que as dúas alumnas marroquís levan tan só dous meses en España e xa son quen de expresarse en español.
Podedes escoitalo neste enlace:
https://drive.google.com/file/d/1s3ctmTfVMJGQyfvR3FMyBvCBgkkSO0da/view?usp=sharing
Tamén en RADIO ECO FM Ribeira Sacra este sábado a partir das 15:30.
E por suposto, no noso perfil de iVOOX:
Recomendación de Lectura para Nadal do Colectivo Lemos Le
Velaquí tedes as recomendacións de Lecturas para este Nadal 2024. Foron feitas polo Colectivo Lemos Le, que agrupa a maioría das Bibliotecas Escolares, Municipales e Librerías da comarca de Lemos.
Podedes descargalos neste enlace:
https://lemosle.blogspot.com/2024/12/recomendacions-lectoras-nadal-2024.html
martes, 3 de decembro de 2024
Novembro na radio.
Os alumnos de Oratoria de 3º de ESO, xunto coa súa profesora Patricia Varela, fannos un resumo na radio das actividades máis salientables que se levaron a cabo no cole no mes de novembro.
Podedes escoitar directamente neste enlace:
https://drive.google.com/file/d/1PbXkRsrImZss2CvIregdb072Tw4fPOIu/view?usp=sharing
En RADIO ECO FM Ribeira Sacra este sábado a partir das 15:30
e en IVoox no noso canal: