xoves, 19 de decembro de 2024

Cantos de Reis en Escairón.

 Todos os alumnos de ESO participaron hoxe nunha actividade navideña moi especial: saíron polas rúas de Escairón, aproveitando que era feira para cantar unhas panxoliñas. Tamén visitaron o centro da 3º idade. E en todos os lugares tiveron unha moi calorosa acollida!

Durante esta actividade estiveron recadando a vontade para financiar a viaxe á neve a Jaca na que participará a maioría dos nosos alumnos.

Estiveron organizados pola profe de Lingua Galega, membro do EDLG e da Biblioteca. Acompañaron ademais outros profes e unha das limpiadoras do centro.

O grupo quedou moi agradecido pola atención que lle adicaron nas rúas e no centro da 3º Idade. Con este público da gusto!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario