xoves, 27 de febreiro de 2025

Abellas na Biblio!

 Hoxe tivemos unha actividade moi especial organizada pola Coordinadora de Actividades Extraescolares de Primaria que se desenrolou na biblio. Foi un taller levado a cabo por Nicolás Taracido,  especialista en abellas e dirixido aos alumnos de infantil e Primaria. Durante a actividade os alumnos coñeceron de primeira man como funciona unha colmea e como se produce o mel. E todo isto con abellas reais! 

Foi unha fantástica actividade, moi recomendable e súper divertida. Quedaron todos encantados, profes e alumnos!

Á volta do Entroido os nenos de Educación Infantil van empezar o seu propio proxecto sobre as abellas. Estaremos atentos!






domingo, 23 de febreiro de 2025

Semana de Rosalía de Castro

 Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro vivimos unha intensa semana de preparación para chegar ao día de Rosalía ben informados e concienciados do fundamental papel de Rosalía na nosa literatura e na nosa cultura.

Os alumnos de ESO, organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e apoiados polo Equipo da Biblioteca, estiveron facendo visitas ás aulas de Infantil e Primaria para falar da figura de Rosalía e propor xogos para facilitar o coñecemento da nosa escritora mais internacional.

Ademais decoraron varias fiestas do colexio con fragmentos de poemas da súa obra.

Todos os alumnos levaron a cabo a actividade con enorme motivación polo recibimento tan caloroso que tiveron nas aulas de Primaria e Infantil. Foi unha actividade interdisciplinar que tivo unha moi boa acollida por todos os colectivos implicados.

Cara o final da semana algúns dos alumnos que participaron nas actividades fixeron un programa de radio contando a experiencia e falando da figura de Rosalía.

Podedes ver imaxes no video que está a continuación e podedes escoitar o programa de radio picando no reproductor de iVoox ou no enlace a Drive. Ademais será emitido en RADIOECO FM Riberia Sacra o sábado a partir das 15:30.


https://drive.google.com/file/d/1OMMASMqIcvW9MFgzpsGQfe9XmxpXjxp0/view?usp=drive_link

mércores, 12 de febreiro de 2025

Reunións dos Clubs de Lectura de ESO.

 Esta semana tiveron lugar as reunións dos tres grupos dos Clubs de Lectura de ESO.

Os alumnos de 1º de ESO debatiron sobre a novela Mentira, os de 2º sobre a novela gráfica Subnormal e 3º e 4º de ESO sobre O Diario Vermello de Carlota.



Debate na radio

 Esta semana, os alumnos de Oratoria de 3º de ESO grabaron un debate sobre o impacto das novas tecnoloxías na nosa vida.

Valoramos sobre todo o esforzo no uso da lingua galega dos nosos alumnos Esneider e María Elena.

Podedes escoitalo picando neste enlace:

https://drive.google.com/file/d/10qgvRIfbxWBQQ3GTWKnhYGtgzEzSsnrp/view?usp=sharing

En RadioECO FM Ribeira Sacra este sábado a partir das 15:30.

Ou en IVOOX, picando no reproductor.

venres, 7 de febreiro de 2025

Paula Carballeira na Biblio

 Este mércores contamos coa presenza da maravillosa Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz. Isto foi posible grazas á participación dos alumnos de Oratoria de 3º de ESO no concurso Tíralle da Lingua.

Todos os alumnos de ESO disfrutaron de Paula que é unha especialista en contar contos e absorbernos a todos coas súas historias. 

Ao final da contada, agasallámola cun libro de acuarelas da Ribeira Sacra asinado polos alumnos.

Ademais deixounos todos os seus librso adicados e asinados. 
Foi un privilexio poder escoitar as súas historias.
Para saber mais sobre a impresionante traxectoria de Paula, podedes picar no seguinte enlace. Solo como apunte, podemos sinalar que no ano 2024 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática pola obra As Alumnas, libro que leron os alumnos de 4º de ESO.


Podedes tamén escoitar o programa de Radio que fixeron os alumnos de 4º de ESO en torno á obra que leron. Tedes o enlace no fondo da páxina, despos das fotos.








https://ondehabitanasletras.blogspot.com/2025/01/programas-de-4-eso-e-4-primaria.html