domingo, 23 de febreiro de 2025

Semana de Rosalía de Castro

 Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro vivimos unha intensa semana de preparación para chegar ao día de Rosalía ben informados e concienciados do fundamental papel de Rosalía na nosa literatura e na nosa cultura.

Os alumnos de ESO, organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e apoiados polo Equipo da Biblioteca, estiveron facendo visitas ás aulas de Infantil e Primaria para falar da figura de Rosalía e propor xogos para facilitar o coñecemento da nosa escritora mais internacional.

Ademais decoraron varias fiestas do colexio con fragmentos de poemas da súa obra.

Todos os alumnos levaron a cabo a actividade con enorme motivación polo recibimento tan caloroso que tiveron nas aulas de Primaria e Infantil. Foi unha actividade interdisciplinar que tivo unha moi boa acollida por todos os colectivos implicados.

Cara o final da semana algúns dos alumnos que participaron nas actividades fixeron un programa de radio contando a experiencia e falando da figura de Rosalía.

Podedes ver imaxes no video que está a continuación e podedes escoitar o programa de radio picando no reproductor de iVoox ou no enlace a Drive. Ademais será emitido en RADIOECO FM Riberia Sacra o sábado a partir das 15:30.


https://drive.google.com/file/d/1OMMASMqIcvW9MFgzpsGQfe9XmxpXjxp0/view?usp=drive_link

Ningún comentario:

Publicar un comentario