luns, 15 de marzo de 2021

mércores, 10 de marzo de 2021

Entrevista aos alumnos de 4º de ESO en Onda Cero Monforte de Lemos.

 Aquí tedes a entrevista que lles fixeron aos alumnos de 4º de ESO sobre a construcción do Satélite e a prticipación no concurso da Axencia Espacial Europea. Foi feita pola xornalista Manola Porto dentro do seu programa Más de Uno.

Os alumnos de 4º e o profesor responsable do proxecto interveñen a partir do minuto 61.

martes, 9 de marzo de 2021

Semana da Prensa: o noso Programa de Radio con Ponte nas Ondas.

Aquí tedes o programa de radio que grabaron os nosos alumnos de 5º de Primaria, 2º, 3º e 4º de ESO cando foxeron o seu Obradoiro de iniciación á Radio co colectivo Ponte nas Ondas, chamado Escolas nas ondas.
Poderedes escoitalo directamente no navegador ou descargar a aplicación IVOOX para escoitalo directamente nela.

Semana da Prensa e Robótica.

 Estamos na Semana da Prensa e seguimos cos Obradoiros de Iniciación á Robótica.

Este luns pasado, no recreo de Primaria, os alumnos de 3º estiveron a xogar cunha plantilla e con diversos formatos de prensa. Tiñan que escoller un medio (un xornal, revista ou emisora de radio) e tentar chegar a ela co Escornabot avanzando as casillas que lles indicaba un dado. Se ían a un xornal ou revista tiñan que ler o tilular dun artigo e se ían a unha radio tiñan que poñer unha canción ou buscar esa emisora na radio.

Foi moi divertido e todo un reto conseguir chegar ao medio que querían!

Todo este material estará disponible para quen queira utilizalo ( Infantil, Primaria ou ESO) durante un recreo ou durante unha sesión guiada polo profesor. Animádevos todos!















luns, 8 de marzo de 2021

Semana da Prensa, enlaces permanentes.

 Para celebrar a Semana da Prensa inauguramos nova sección no lateral esquerdo deste noso blog: enlaces aos Xornais nacionais e internacionais mais relevantes. 



xoves, 21 de xaneiro de 2021

Concurso de Microrelatos El Progreso e CHMS


 Os nosos alumnos de 5º de Primaria xunto coa sua titora María, participaron no concurso de microrelatos convocado polo xornal el Progreso e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil chamado Pon tu gota de Agua.

E RESULTA QUE TEMOS GAÑADOR!!

O noso alumno Adrián López Arias gañou o primeiro premio deste concurso!

á espera de que se produzca a entrega do premio que lle corresponde, poñémosvos aquí o enlace do xornal El Progreso para que poidades ver a noticia.

https://www.elprogreso.es/articulo/comarcas/progreso-chms-premian-microrrelatos-agua/202012220936451476856.html

luns, 21 de decembro de 2020

Recomendacións de Lectura de Lemos Le.

 Aquí podedes ver as Reconendacións de Lectura para Nadal feitas en colaboración Colectivo Lemos Le. Hai libros para todas as idades e para todos os gustos. Poderedes atopar algúns deles na nosa biblio ou na Biblio Municipal😊




luns, 14 de decembro de 2020

Os Contos dos Avós.


Por fin podemos ter todos os contos que os nosos alumnos foron recollendo dos avós. Esta fopi una actividade feita en colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole.
Podedes velos todos no video que tedes a continuación:

venres, 27 de novembro de 2020

Calendario Colectivo Estiño en cociña.

 Como todos os cursos, colaboramos co calendario Solidario do Colectivo Estiño deseñando unha das partes. Este ano tocounos facer debuxos sobre o Merlo Rieiro, dentro do tema deste curso, que é o Río.

Mentres o calendario non sae á venda, aquí tedes un pequeno adianto: algúns dos nosso alumnos creando a súa peza e unha composición que fixemos con todos os deseños que se fixeron aquí, no noso 











mércores, 11 de novembro de 2020

Mes da Ciencia en Galego para profes!

Profes:  Novembro é o mes da Ciencia en Galego.

Aquí vos presentamos unha selección de contidos interesantes:

BLOGS DE CIENCIAS. Pica aquí

PÁXINAS WEB, BOLETÍNS. REVISTAS... Pica aquí

LIBROS E UNIDADES DIDÁCTICAS DESCARGABLES. Pica aquí.

ASOCIACIÓNS DE ENSINANTES E MUSEOS CIENTÍFICOS. Pica aquí