martes, 7 de novembro de 2017

A Semana da Biblioteca

Estamos apunto de rematar as activides da Semana da Bilioteca.
Estivemos moi atarefados!
Empezamos o martes 24, o Día Internacional das Biliotecas, recibindo aos nenos de Infantil. Viñeron facernos unha visita e descubriron a nosa Illa dos Tesouros: a Biblioteca, que agocha fermosos e maravillosos libros para todas as idades.
Ademáis fixeron un xogo no que se traballou como estar correctamente
dentro da Bilio.







O mércores 25 recibimos aos Exploradores de Primaria. Viñeron todos cos seus profes e entraron con moito coidado na Illa dos Tesouros, con moito coidado de non poñer os pes na auga chea de tiburóns e pirañas.

 

Cando xa estaban a salvo, o profe Diego explicoulles coa axuda deste video
 http://prezi.com/-v2zwtefl08p/?utm_campaign=share&utm_medium=copy
 como encontrar os libros dentro da bilioteca e como están organizados e fixeron unha actividade coa CDU.

 

Despois cada clase tivo que buscar un mapa do gran tesouro, que veu nunha botella polo mar.







Cando se marcharon levaron unha caixa de libros para cada clase para a súa biblioteca de Aula de Primaria.




O Xoves 26 tivemos aos alumnos da ESO. Fouad e Daniel de 3º ESO ensináronlle aos seus compañeiros  a orientarse na Bilioteca con esta presentación:
 http://prezi.com/odsnny3y-tes/?utm_campaign=share&utm_medium=copy
 e fixeron uns xogos para atopar libros. Foron todos rapidísimos!







O luns 30, os alumnos de Primaria xa sabía donde estaba o Gran Tesouro agochado, pero tiveron que buscar por todo o patio as chaves . Aquí podedes ver o traballo que pasaron os alumnos de 1º de Primaria.





 Estaban ansiosos por abrir a caverna que agochaba o tesouro, pero ata o martes... non se podía abrir a cova...

Continuará...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os barquiños das Letras Galegas Mariñeiras!

Velaquí os traballos que os nosos nenos de Infantil e Primaria fixeron pola Semana das Letras  Galegas. Cada neno fixo un barquiño no qu...