xoves, 9 de novembro de 2017

Descubrimos o Gran Tesouro da Biblioteca!

Porfin chegamos ao fin da búsqueda do tesouro, mira que nos deu traballiño!

Primeiro, tivemos que buscar as pezas das chaves que estaban agochadas polo patio.



Despois recompoñer os anacos e facer o grande puzle da chave maxica


A continuación localizar a Cova do Tesouro





E finalmente... ABRIR A COVA!!





E dentro estaba...
O GRAN TESOURO!! 
Pero antes estaban os piratas guardiáns, que nos contaron a lenda do Gran Tesouro do pirata Lionardo (primo lonxano e malvado do noso querido Leonardo, mascota da Biblio) e 
a Illa dos Libros.
Se a queredes saber, aos alumnos do cole lles teredes que preguntar.





E agora xa sabedes poruqe os nosos nenos teñen tantas gañas de andar cos libros estes días: teñen un ollo mais para ler!
E colorín, colorado, este conto está rematado. Ou non, quen sabe...👀

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os barquiños das Letras Galegas Mariñeiras!

Velaquí os traballos que os nosos nenos de Infantil e Primaria fixeron pola Semana das Letras  Galegas. Cada neno fixo un barquiño no qu...