luns, 12 de outubro de 2020

Empezando outubro!

 Acaba de rematar a 1º semana do mes de outubro, e parece que aínda nos costa coller un pouco o ritmo...

Estas son as cousas que fixemos esta semana:

Empezamos o luns día 5 coas horas de lectura diarias en ESO. Para iso diseñamos un calendario para orientar ao profesorado e aos alumnos. Como sempre, deixamos libres os meses de decembro, marzo e xuño porque andamos moi apurados cos exames.


Como o noso tema é Copñece o Saviñao, fixémonos eco no Instagram dunhas rutas en torno á Praia da Cova que organiza Camina Ribeira Sacra. Son rutas de un día completo, con comida e actividades pola tarde.


Todos os cursos temos unha colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística continuada. Este ano imos ir mais alá e imos facer gran parte de actividades conxuntas, para non solaparnos e non sobrecargar de actividades. A información destas actividades levará o membrete no que figuran os dous Equipos: Dinamización e Biblioteca.

Unha das primeiras actividades que imos realizar neste curso de forma conxunta é un mapa virtual do Saviñao no que aparezan todos os lugares, vilas e aldeas nas que viven os noso alumnos. xa vos iremos contando o traballo que iremos facendo.

Ademais solicitamos a todo o profesorado de ESO, sobre todo a aqueles que impartes as asginaturas de ciencias, que nos fagan un listado de lecturas recomendadas para as súas materias para poder instalar unha sección na biblioteca.

E tamén andamos organizando os grupos do CLub de Lectura.

E como colofón a esta semana. o venres tivemos un Obradoiro de Creacontos nos que os alumnos de 1º de Primaria estiveron a experimentar como facer a súa propia historia. Esta actividade veu de novo organizada pola Biblioteca Pública Municipal. 









Ningún comentario:

Publicar un comentario