venres, 2 de outubro de 2020

Esta semana...

 Estas son as cousas que andivemos a facer esta semana:

Recordamos a Quino, que faleceu  esta semana, poñendo á disposición de todos os docentes na sala de profes os libros que temos de Mafalda. Colocámolos dentro dunha urna, por aquilo de non andar pasando materiais de man en man.


Ademáis andivemos repartindo libors entre os profes para que lles sirvan de complemento nas súas clases. A profe Fátima levou a colección Inventarios para ensinar aos seus alumnos de Bioloxía de 1º de ESO.



A profe Noelia levouse a colección Juegos en Movimiento para traballar cos seus alumnitos de Educación Infantil en Psicomotricidade.




Ademáis agradecémoslle á bibliotecaria responsable da Biblioteca Municipal as actividades que nos está enviando neste mes de setembro regalándolle un exemplar do xornal O Papagaio.



E este venres tivemos súper Experimentos Científicos con Fatiropina para Infantil, un taller que nos enviou a Biblioteca Municipal. (O cartel da pizarra foi elaborado por dúas alumnas voluntarias da ESO, sin o nos precioso chaleco de voluntarios😕)






Ademais andamos xa preparando e definindo os grupos do Club de Lectura que imos ter durante este curso.

E tamén publicamos o calendario das horas de lectura para a ESO e explicamos aos profes e alumnos o seu funcionamento.





Ningún comentario:

Publicar un comentario