luns, 26 de abril de 2021

23 de Abril, Día do Libro

Estas son as nosas actividades para o Día do Libro.

Durante toda a semana estivamos a facer fotos para poder construir entre todos un mural no que apareceramos todos lendo. E iste foi o resultado:


 Como podedes deducir, trátase de un mosaico no que aparecen as fotos dos alumnos lendo. Aquí so podemos poñervos unha mostra do mosaico por motivos de protección de imaxe de menores, pero na nosa páxina web, protexido con usuario e contraseña só para a nosa comunidade Educativa, estará o arquivo orixinal que se poderá ampliar ata poder ver cada unha das fotos.

Ademais organizamos unha actividade de escritura creativa para a ESO e para 5º e 6º de Primaria. Esta actividade consitía en escribir unha historia con títulos de libros, pero os mesmos títulos para todos. Realmente foi unha actividade que lles gustou moito e obtivemos uns relatos moi interesantes que iremos colgando pouco a pouco e cos que faremos un libriño a finais de mes.




Tamén durante esta semana a profe Ana Martínez, coordinadora das Bibliotecas Creativas, estivo a ensinao a facer flores de goma eva aos alumnos de 4º de ESO. Este venres 23, estes alumnos aproveitaron que era o Día do Libro para vendes rosas e libros de 2º man para recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso.



E ademais dúas nas nosas voluntarias de 4º de ESO andiveron no recreo de Primaria presentando o noso libro de Fotos Antigas do Saviñao, feito con fotos aportadas polos alumnos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario