martes, 1 de xuño de 2021

Resumo de mes de Maio.

Durante este mes de maio estivemos a facer todos isto. Poderedes consultar as fotos no instagram da Biblioteca: 

   @biblioteca_cole_escairon



Blef continuou a ir ás casas dos alumnos de 2º de Primaria:


Nos recreos de robótica estrenamos a Plantilla do Camilo a Santiago de Inverno polo Saviñao:




Estrenamos Calendario de Maio adicado a Xela Arias:


Presumimos de Realidade Aumentada creada cos ipads da Bilio na asignatura de Inglés en Primaira:
E das credenciais do peregrino customizadas no cole:

Polas Letras Galegas fixemos circular un cesto de Letras Galegas polas aulas de Primaria e Infantil.


Seguimos presentando libros feitos por nos:


Publicamos o mapa de Niños de cigoñas do Saviñao e o seguimento do observatorio de Cigoñas da Aula de 1º de ESO elaborado durante as clases de Bioloxía.
Acollemos na Biblio unha charla de Sogama e despois repartimos libros e material que nos regalaron.


Acollemos unha charla por viodeconferencia sobre a Violencia de Xénero para 1º e 2º de ESO.
 E recibimos a visita do nso ex-alumno Adrián Maceda na clase de Lingua e Literatura Castelá para falarnos da Residencia de Estudiantes de Madrid na que está a pasar este curso.

Aproveitamos esta visita para agasallalo co audiolibro que grabamos co seu libro Índice.

Ningún comentario:

Publicar un comentario