venres, 7 de marzo de 2025

8 de Marzo: Micromachismos e lectura.

 Este sábado é o dia 8 de Marzo, o Día da Muller. En torno a esta celebración no cole desenvolvéronse varias actividades.

A primeira delas comenzou xa a semana pasada e consiste en concienciar sobre os micromachismos tan presentes na nosa sociedade. É unha iniciativa organizada polos profesores pertencentes ao Proxecta Impulso á Igualdade  e o Equipo da Biblioteca que consiste en marcar nos carteis dispostos polos corredores e escaleiras de ESO cada vez que oigamos unha das frases neles sinalada. Podedes ver os carteis a continuación:




Ademais dispuxemos unha selección de lecturas en torno á temática no corredor da biblioteca.
 







Ningún comentario:

Publicar un comentario