venres, 7 de marzo de 2025

8 de Marzo, Presentación de Lágrimas de Plata.

A seguinte actividade que se levou a cabo organizada polo equipo de Impulso á Igualdade e o Equipo da Biblioteca foi a presentación do libro Lágrimas de Plata feita polo seu autor, Esteban A. Jiménez, residente no noso concello. A temática deste libro é o maltrato dentro dunha relación de parella. Durante a presentación o autor recalcou a importancia de identificar as bandeiras vermellas nunha relación xa que os poemas van relatando unha situación na que unha muller pouco a pouco vai caendo nesa desagradable situación, ás veces difícil de identificar.
Tivemos a sorte de escoitar os poemas mais representativos da súa propia voz e tamén varios alumnos leron os que mais lles gustaron.
Actividades como esta seguen sendo fundamentais posto que ás novas xeracións cada vez lles custa mais ver esas situacións de maltrato.
Ao final da presentación agasallamos ao poeta co libro Ribeira Sacra en Acuarelas, asinado por todos os alummos da ESO.





Ningún comentario:

Publicar un comentario