martes, 1 de abril de 2025

Podcast do Club de Lectura

 Esta semana temos dous novos podcast grabado sna Radio Escolar nos que os alumnos do Club de Lectura nos falan das súas últimas lecturas: Mentira e Europa Express.

 


Podedes escotalos nos enlaces habituais e en Radio Eco FM este sábado a partir das 15:30.

Enlace a DRIVE:

https://drive.google.com/file/d/14heEw9S7nUewPAoUOnd64U5tIaxHwuVB/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1HUokRS4x9Cc5Mudy2Ah8yk-REY56SjzU/view?usp=sharing

Reproductor de iVoox:

sábado, 29 de marzo de 2025

Uno entre 100 mil

Escoitade o anuncio que fan os alumnos de 2º de ESO en Radio Xuntos sobre a carreira solidaria que se celebrará no cole o venres 4 de abril.

https://drive.google.com/file/d/1rasX_UPUDecDjKDtgR9LG6NFMz4r-T-m/view?usp=drive_link

Escoitao tamén en iVoox:

mércores, 26 de marzo de 2025

Conñecendo o noso corpo por Infantil.

 Os alumnos de Educación Infantil explícannos neste podcast de Radio Xuntos 24-25 como funciona o noso corpo. Atentos todos!!



Escoitádeo neste enlace

https://drive.google.com/file/d/1eZkM7AmLGM1OdCWuTQFE4sDRdEPUIVGE/view?usp=sharing 

Este sábado en RADIO ECO FM Ribeira Sacra a partir das 15:30 

ou en Ivoox no seguinte reproductor:

Rosalía en tres linguas

 As alumnas de Francés de 4º de ESO, Sandra, Hajar e Maryam, len o poema de Rosalía de Castro, Adios ríos, Adios Fontes en francés, en galego e en español.

Picade no enlace e disfrutade!

https://drive.google.com/file/d/1AGnkyn1u2zR3ndPTc1AfndKxKagOlq5u/view?usp=sharing


Podedes escoitalo tamen en iVoox e este sábado a partir das 15:30 en RADIO ECO FM Ribeira Sacra. 

venres, 21 de marzo de 2025

Radio 8M

 Os alumnos de 2º de ESO grabaron este programa sobre o 8 M no colexio.

Podedes escoitalo directamente aquí:

https://drive.google.com/file/d/13t141NqqNkJs9qpC9rT_Ywf2WjwTa3XT/view?usp=sharing

En RADIO ECO FM Ribeira Sacra este sábado , a partir das 15:30 

ou en Ivoxx (lembrade instalar a aplicación)

venres, 7 de marzo de 2025

8 de Marzo, Presentación de Lágrimas de Plata.

A seguinte actividade que se levou a cabo organizada polo equipo de Impulso á Igualdade e o Equipo da Biblioteca foi a presentación do libro Lágrimas de Plata feita polo seu autor, Esteban A. Jiménez, residente no noso concello. A temática deste libro é o maltrato dentro dunha relación de parella. Durante a presentación o autor recalcou a importancia de identificar as bandeiras vermellas nunha relación xa que os poemas van relatando unha situación na que unha muller pouco a pouco vai caendo nesa desagradable situación, ás veces difícil de identificar.
Tivemos a sorte de escoitar os poemas mais representativos da súa propia voz e tamén varios alumnos leron os que mais lles gustaron.
Actividades como esta seguen sendo fundamentais posto que ás novas xeracións cada vez lles custa mais ver esas situacións de maltrato.
Ao final da presentación agasallamos ao poeta co libro Ribeira Sacra en Acuarelas, asinado por todos os alummos da ESO.





8 de Marzo: Micromachismos e lectura.

 Este sábado é o dia 8 de Marzo, o Día da Muller. En torno a esta celebración no cole desenvolvéronse varias actividades.

A primeira delas comenzou xa a semana pasada e consiste en concienciar sobre os micromachismos tan presentes na nosa sociedade. É unha iniciativa organizada polos profesores pertencentes ao Proxecta Impulso á Igualdade  e o Equipo da Biblioteca que consiste en marcar nos carteis dispostos polos corredores e escaleiras de ESO cada vez que oigamos unha das frases neles sinalada. Podedes ver os carteis a continuación:




Ademais dispuxemos unha selección de lecturas en torno á temática no corredor da biblioteca.
 







xoves, 27 de febreiro de 2025

Abellas na Biblio!

 Hoxe tivemos unha actividade moi especial organizada pola Coordinadora de Actividades Extraescolares de Primaria que se desenrolou na biblio. Foi un taller levado a cabo por Nicolás Taracido,  especialista en abellas e dirixido aos alumnos de infantil e Primaria. Durante a actividade os alumnos coñeceron de primeira man como funciona unha colmea e como se produce o mel. E todo isto con abellas reais! 

Foi unha fantástica actividade, moi recomendable e súper divertida. Quedaron todos encantados, profes e alumnos!

Á volta do Entroido os nenos de Educación Infantil van empezar o seu propio proxecto sobre as abellas. Estaremos atentos!






domingo, 23 de febreiro de 2025

Semana de Rosalía de Castro

 Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro vivimos unha intensa semana de preparación para chegar ao día de Rosalía ben informados e concienciados do fundamental papel de Rosalía na nosa literatura e na nosa cultura.

Os alumnos de ESO, organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e apoiados polo Equipo da Biblioteca, estiveron facendo visitas ás aulas de Infantil e Primaria para falar da figura de Rosalía e propor xogos para facilitar o coñecemento da nosa escritora mais internacional.

Ademais decoraron varias fiestas do colexio con fragmentos de poemas da súa obra.

Todos os alumnos levaron a cabo a actividade con enorme motivación polo recibimento tan caloroso que tiveron nas aulas de Primaria e Infantil. Foi unha actividade interdisciplinar que tivo unha moi boa acollida por todos os colectivos implicados.

Cara o final da semana algúns dos alumnos que participaron nas actividades fixeron un programa de radio contando a experiencia e falando da figura de Rosalía.

Podedes ver imaxes no video que está a continuación e podedes escoitar o programa de radio picando no reproductor de iVoox ou no enlace a Drive. Ademais será emitido en RADIOECO FM Riberia Sacra o sábado a partir das 15:30.


https://drive.google.com/file/d/1OMMASMqIcvW9MFgzpsGQfe9XmxpXjxp0/view?usp=drive_link

mércores, 12 de febreiro de 2025

Reunións dos Clubs de Lectura de ESO.

 Esta semana tiveron lugar as reunións dos tres grupos dos Clubs de Lectura de ESO.

Os alumnos de 1º de ESO debatiron sobre a novela Mentira, os de 2º sobre a novela gráfica Subnormal e 3º e 4º de ESO sobre O Diario Vermello de Carlota.



Debate na radio

 Esta semana, os alumnos de Oratoria de 3º de ESO grabaron un debate sobre o impacto das novas tecnoloxías na nosa vida.

Valoramos sobre todo o esforzo no uso da lingua galega dos nosos alumnos Esneider e María Elena.

Podedes escoitalo picando neste enlace:

https://drive.google.com/file/d/10qgvRIfbxWBQQ3GTWKnhYGtgzEzSsnrp/view?usp=sharing

En RadioECO FM Ribeira Sacra este sábado a partir das 15:30.

Ou en IVOOX, picando no reproductor.

venres, 7 de febreiro de 2025

Paula Carballeira na Biblio

 Este mércores contamos coa presenza da maravillosa Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz. Isto foi posible grazas á participación dos alumnos de Oratoria de 3º de ESO no concurso Tíralle da Lingua.

Todos os alumnos de ESO disfrutaron de Paula que é unha especialista en contar contos e absorbernos a todos coas súas historias. 

Ao final da contada, agasallámola cun libro de acuarelas da Ribeira Sacra asinado polos alumnos.

Ademais deixounos todos os seus librso adicados e asinados. 
Foi un privilexio poder escoitar as súas historias.
Para saber mais sobre a impresionante traxectoria de Paula, podedes picar no seguinte enlace. Solo como apunte, podemos sinalar que no ano 2024 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática pola obra As Alumnas, libro que leron os alumnos de 4º de ESO.


Podedes tamén escoitar o programa de Radio que fixeron os alumnos de 4º de ESO en torno á obra que leron. Tedes o enlace no fondo da páxina, despos das fotos.








https://ondehabitanasletras.blogspot.com/2025/01/programas-de-4-eso-e-4-primaria.html

venres, 31 de xaneiro de 2025

Programas de 4º ESO e 4º Primaria

 Velaquí tedes os dous programs que se fixeron esta semana na radio.

En primeiro lugar o programa de humor de 4º de Primaria: 

https://drive.google.com/file/d/1lq9xX8oHsGOz-lHz_72djSAIofmdLubm/view?usp=sharing


En segundo lugar o de 4º de ESO: Lecturas compartidas:

https://drive.google.com/file/d/1irrFz6QVSSCvlsaFyyTcsIV95c9t6wh-/view?usp=sharing


Poderedes escoitados este sábado a partir das 15:30 en RADIOECO FM Ribeira Sacra:

https://ecofm.es/

E tamén en iVoox:

venres, 24 de xaneiro de 2025

Radio en Francés con 4º de ESO

 

As nosas alumnas de francés de 4º da ESO estiveron esta semana na radio falando de ecoloxía e fixeron este podcast que podedes escoitar picando no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/11Oikr-QdAaEEBuazk8KAxYkVWL3xo9sp/view?usp=sharing

ou na nosa conta de iVOOX:

Entrevista a Otero Pedrayo, 1º de ESO

 Despois da Visita a Trasalba, onde foron quen de contactar co espíritu de Don Ramón grazas á tecnoloxía tan avanzada que temos hoxe en día, Uxía e Aldara de 1º de ESO conseguiron a promesa do autor de que lles concedería unha entrevista.

Inauguramos así unha nova xeira de programas, Entrevistas no Alén, guiados por estas intrépidas xornalistas.


Podedes escoitar esta entrevista picando no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1tLgWeY130Zb_RNDCF9ggzeDXswFO63DR/view?usp=sharing

Este sábado podedes tamén oila en RadioECO FM Riberia a partir das 15:30. Picade no enlace para ir: 

https://www.radio.es/s/ecofm

Tamén podedes escoitalo en iVoox, recordade que tedes que ter a aplicación.