luns, 2 de febreiro de 2026
xoves, 30 de outubro de 2025
RADIO XUNTOS: Contos de Medo
Xa metidos en Samaín, velaquí tedes o podcast que fixeron os alumnos de Oratoria de 3º e 4º de ESO contando as historias de medo que eles mesmos escribiron.
Recordade que precisades a aplicación de IVoox para poder escoitar!
Agora votade polo conto que mais vos gustou cubrindo a seguinte enquisa:
xoves, 25 de setembro de 2025
RADIO XUNTOS. Sintonía Xoven: As linguas Europeas
martes, 17 de xuño de 2025
Cantares de 3º de Primaria
Aquí tedes o programa de radio de 3º de Primaria feito coa súa titora, Gloria.
venres, 13 de xuño de 2025
Hora de lectura: Memorias dun neno labrego.
Veláquí as impresións dos alumnos de 4º de ESO que leron Memorias dun neno Labrego.
Escoitade o programa de radio nas canles habituais e este sábado a partir das 15:30 en RadioEco FM Ribeira Sacra
luns, 9 de xuño de 2025
Entrevista a 4º de ESO na Radio.
Os alumnos de Oratoria de 3º de ESO entrevistaron a varios alumnos de 4º para saber cales son as súas impresións a piques de rematar o curso e deixar o noso cole.
martes, 3 de xuño de 2025
Enquisa de uso da biblioteca Escolar e Hábitos Lectores
Velaquí tedes a enquisa deste curso para avaliar o funcionamento da Biblioteca.
martes, 13 de maio de 2025
Todos fuimos un niño, por 2º de Primaria.
martes, 1 de abril de 2025
Podcast do Club de Lectura
Esta semana temos dous novos podcast grabado sna Radio Escolar nos que os alumnos do Club de Lectura nos falan das súas últimas lecturas: Mentira e Europa Express.
Podedes escotalos nos enlaces habituais e en Radio Eco FM este sábado a partir das 15:30.
Enlace a DRIVE:
https://drive.google.com/file/d/14heEw9S7nUewPAoUOnd64U5tIaxHwuVB/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1HUokRS4x9Cc5Mudy2Ah8yk-REY56SjzU/view?usp=sharing
Reproductor de iVoox:
sábado, 29 de marzo de 2025
Uno entre 100 mil
Escoitade o anuncio que fan os alumnos de 2º de ESO en Radio Xuntos sobre a carreira solidaria que se celebrará no cole o venres 4 de abril.
https://drive.google.com/file/d/1rasX_UPUDecDjKDtgR9LG6NFMz4r-T-m/view?usp=drive_link
mércores, 26 de marzo de 2025
Conñecendo o noso corpo por Infantil.
Os alumnos de Educación Infantil explícannos neste podcast de Radio Xuntos 24-25 como funciona o noso corpo. Atentos todos!!
Escoitádeo neste enlace
https://drive.google.com/file/d/1eZkM7AmLGM1OdCWuTQFE4sDRdEPUIVGE/view?usp=sharing
Este sábado en RADIO ECO FM Ribeira Sacra a partir das 15:30
ou en Ivoox no seguinte reproductor:
Rosalía en tres linguas
As alumnas de Francés de 4º de ESO, Sandra, Hajar e Maryam, len o poema de Rosalía de Castro, Adios ríos, Adios Fontes en francés, en galego e en español.
Picade no enlace e disfrutade!
https://drive.google.com/file/d/1AGnkyn1u2zR3ndPTc1AfndKxKagOlq5u/view?usp=sharing
venres, 21 de marzo de 2025
Radio 8M
Os alumnos de 2º de ESO grabaron este programa sobre o 8 M no colexio.
Podedes escoitalo directamente aquí:
https://drive.google.com/file/d/13t141NqqNkJs9qpC9rT_Ywf2WjwTa3XT/view?usp=sharing
En RADIO ECO FM Ribeira Sacra este sábado , a partir das 15:30
ou en Ivoxx (lembrade instalar a aplicación)
venres, 7 de marzo de 2025
8 de Marzo, Presentación de Lágrimas de Plata.
8 de Marzo: Micromachismos e lectura.
Este sábado é o dia 8 de Marzo, o Día da Muller. En torno a esta celebración no cole desenvolvéronse varias actividades.
A primeira delas comenzou xa a semana pasada e consiste en concienciar sobre os micromachismos tan presentes na nosa sociedade. É unha iniciativa organizada polos profesores pertencentes ao Proxecta Impulso á Igualdade e o Equipo da Biblioteca que consiste en marcar nos carteis dispostos polos corredores e escaleiras de ESO cada vez que oigamos unha das frases neles sinalada. Podedes ver os carteis a continuación:
xoves, 27 de febreiro de 2025
Abellas na Biblio!
Hoxe tivemos unha actividade moi especial organizada pola Coordinadora de Actividades Extraescolares de Primaria que se desenrolou na biblio. Foi un taller levado a cabo por Nicolás Taracido, especialista en abellas e dirixido aos alumnos de infantil e Primaria. Durante a actividade os alumnos coñeceron de primeira man como funciona unha colmea e como se produce o mel. E todo isto con abellas reais!
Foi unha fantástica actividade, moi recomendable e súper divertida. Quedaron todos encantados, profes e alumnos!
Á volta do Entroido os nenos de Educación Infantil van empezar o seu propio proxecto sobre as abellas. Estaremos atentos!
domingo, 23 de febreiro de 2025
Semana de Rosalía de Castro
Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro vivimos unha intensa semana de preparación para chegar ao día de Rosalía ben informados e concienciados do fundamental papel de Rosalía na nosa literatura e na nosa cultura.
Os alumnos de ESO, organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e apoiados polo Equipo da Biblioteca, estiveron facendo visitas ás aulas de Infantil e Primaria para falar da figura de Rosalía e propor xogos para facilitar o coñecemento da nosa escritora mais internacional.
Ademais decoraron varias fiestas do colexio con fragmentos de poemas da súa obra.
Todos os alumnos levaron a cabo a actividade con enorme motivación polo recibimento tan caloroso que tiveron nas aulas de Primaria e Infantil. Foi unha actividade interdisciplinar que tivo unha moi boa acollida por todos os colectivos implicados.
Cara o final da semana algúns dos alumnos que participaron nas actividades fixeron un programa de radio contando a experiencia e falando da figura de Rosalía.
Podedes ver imaxes no video que está a continuación e podedes escoitar o programa de radio picando no reproductor de iVoox ou no enlace a Drive. Ademais será emitido en RADIOECO FM Riberia Sacra o sábado a partir das 15:30.
https://drive.google.com/file/d/1OMMASMqIcvW9MFgzpsGQfe9XmxpXjxp0/view?usp=drive_link
mércores, 12 de febreiro de 2025
Reunións dos Clubs de Lectura de ESO.
Esta semana tiveron lugar as reunións dos tres grupos dos Clubs de Lectura de ESO.
Os alumnos de 1º de ESO debatiron sobre a novela Mentira, os de 2º sobre a novela gráfica Subnormal e 3º e 4º de ESO sobre O Diario Vermello de Carlota.
Debate na radio
Esta semana, os alumnos de Oratoria de 3º de ESO grabaron un debate sobre o impacto das novas tecnoloxías na nosa vida.
Valoramos sobre todo o esforzo no uso da lingua galega dos nosos alumnos Esneider e María Elena.
Podedes escoitalo picando neste enlace:
https://drive.google.com/file/d/10qgvRIfbxWBQQ3GTWKnhYGtgzEzSsnrp/view?usp=sharing
En RadioECO FM Ribeira Sacra este sábado a partir das 15:30.
Ou en IVOOX, picando no reproductor.
venres, 7 de febreiro de 2025
Paula Carballeira na Biblio
Este mércores contamos coa presenza da maravillosa Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz. Isto foi posible grazas á participación dos alumnos de Oratoria de 3º de ESO no concurso Tíralle da Lingua.
Todos os alumnos de ESO disfrutaron de Paula que é unha especialista en contar contos e absorbernos a todos coas súas historias.
Ao final da contada, agasallámola cun libro de acuarelas da Ribeira Sacra asinado polos alumnos.












